Guia docenteCurso
Facultad de Sociología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Investigación-acción participativa, acción comunitaria e xestión das organizacións sociais
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Investigación-acción participativa, acción comunitaria e xestión das organizacións sociais Código 615525010
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cruz Lopez, Laura
Correo electrónico
laura.cruz@udc.es
Profesorado
Cruz Lopez, Laura
Correo electrónico
laura.cruz@udc.es
Web
Descrición xeral A materia enfócase nas posibilidades da investigación acción participativa (IAP) como ferramenta para unha xestión xusta e igualitaria dunha organización social. Miramos como este modelo pode facilitar unha acción comunitaria colaborativa, proporcionar vías de participación, tanto interna como externa, no funcionamento da entidade. Revisamos as bases filosóficas e éticas deste modelo de investigación, establecendo as súas características definitorias. Tamén exploramos as súas variacións na forma de aplicacións específicas en contextos diversos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Mantéñense todas as metodoloxías. Na descrición de cada inclúese a adaptación que se realizará no caso de nova situación de alarma. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Foro da materia no Moodle para trasladar consultas sobre os contidos, metodoloxías e actividades, de forma que sexan visibles e estean accesibles para todo o alumnado (revisión diaria do foro por parte da docente); correo electrónico para que o alumnado solicite titorías (revisión diaria do email); Teams para a realización das sesións de seguimento e acompañamento dos traballos grupais e para titorías individuais solicitadas (estableceranse sesións de titoría grupais obrigatorias). 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións. Todo o material necesario estará dispoñible no Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes