Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Estatística aplicada ás ciencias sociais 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A5 A7 A16 A26 B3 B5 B7 B21 C3 Probas de carácter periódico, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia.
Realizaranse dous tipos de probas:

Primeiro tipo: resolución de cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos, para os que estará permitido o uso de calculadora científica ou estándar achegada por cada estudante (non está permitido o uso doutros dispositivos, por exemplo teléfonos móbiles, tabletas, etc.). Para a resolución dos exercicios facilitarase unha listaxe de fórmulas básicas, no caso de que sexan necesarias.

Segundo tipo: resolución de supostos prácticos para os que será necesaria a utilización dalgunha ferramenta informática revisada ao longo do curso empregando bases de datos que se facilitarán na proba.

Estímase que se realizará polo menos unha proba do primeiro tipo por cada tema e polo menos unha proba do segundo tipo durante o curso, que se celebrarán nunha data e hora anunciada en clase con suficiente antelación.
Non se admitirá a participación na proba aos estudantes que non se atopen presentes no momento de comezar a realización da proba.

Para superar a materia é necesario aprobar cada un dos tipos de probas por separado, o que supón que terá que obterse polo menos un 5 nunha escala de 10 puntos ao promediar todas as probas do primeiro tipo e polo menos un 5 nunha escala de 10 puntos ao promediar todas as probas do segundo tipo. Unha vez cumpridas estas condicións, a nota final calcularase ponderando a media das probas do primeiro tipo por 70% e a media das probas do segundo tipo por 30% (se non se alcanza o 5 necesario nos dous tipos de probas, o resultado destas ponderacións dividirase por 2).
100
 
Observacións avaliación

A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final obterase promediando as cualificacións das probas obxectivas tal como indícase máis arriba.

No caso de que non se realizaran ditas probas obxectivas periódicas ou que non se obteñan os mínimos requiridos para superar a materia polo sistema de avaliación continua, os estudantes poderán presentarse a avaliación nunha proba obxectiva única que abarcará toda a materia. Dita proba obxectiva única consistirá nun exame composto por dúas partes:

Primeira parte: resolución de cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos, para os que estará permitido o uso de calculadora científica ou estándar achegada por cada estudante (non está permitido o uso doutros dispositivos, por exemplo teléfonos móbiles, tabletas, etc.). Para a resolución dos exercicios facilitarase unha listaxe de fórmulas básicas.

Segunda parte: resolución de supostos prácticos para os que será necesaria a utilización dalgunha ferramenta informática revisada ao longo do curso empregando bases de datos que se facilitarán no exame.

Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes do exame por separado (obter polo menos un 5 nunha escala de 10 puntos para cada parte do exame). Unha vez cumprida esta condición, a nota final calcularase ponderando a primeira parte do exame por 70% e a segunda parte por 30% (se non se alcanza o 5 necesario nas 2 partes, o resultado destas ponderacións dividirase por 2).

A proba obxectiva única celebrarase nas datas que estableza o centro nos seus calendarios oficiais de exame. Non se admitirá a participación na proba aos estudantes que non se atopen presentes no momento de comezar a realización da proba.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes