Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Métodos e técnicas de Investigación social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 A14 A15 A16 A26 B3 B27 C1 Examen da teoría no que entran os distintos temas dos contidos explicados na clase 40
Traballos tutelados B3 B4 B6 B12 B13 B18 B21 B23 C1 Valorarase o dominio que demostre o alumnado en cada unha das fases do proceso de investigación. Valorarase, sobre todo, a autonomía manifestada polos alumnos, que demostre a capacidade que terán no futuro cando teñan que facer unha investigación. 60
 
Observacións avaliación
Para poder aprobar a materia o alumno necesita ter un mínimo de 5 puntos sumando o traballo (máximo 6 puntos) e a proba obxectiva (polo que se poden ter un máximo de 4 puntos).

No traballo valorarase:
- A entrega dos nomes dos membros do equipo e o título do artigo a analizar na data indicada.
- A claridade e precisión de cada un dos apartados do traballo. Non se trata de reescribir o artigo, senón de analizar cada apartado con precisión a partir da explicación de dito apartado dada nas clases.
- O profesor entregará un esquema das partes do traballo a realizar, que será diferente se un traballo se realiza con metodoloxía cualitativa ou cuantitativa
- A entrega do traballo na data indicada. Se non se entrega nesa data, o estudante terá que pesentarse na seguinte convocatoria.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes