Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Psicoloxía social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A2 B3 A nota global de cada proxecto de investigación comprende a labor de analizar a información, búsqueda bibliográfica, etc. 50
Proba de resposta breve A2 B3 O exame constará de catro supostos ou experimentos de Psicoloxía Social, e entre 3 e 4 preguntas para cada un deles. As preguntas estarán relacionadas, entre outros aspectos, con identificar os procesos psicosociais que reflicten estes supostos, indicar as implicacións destes procesos, indicar outros procesos relacionados ou propoñer exemplos prácticos. Deberanse elixir e desenvolver dous dos devanditos supostos.
Para responder o alumno escribir o seu nome e apelidos e “exame psicoloxía social” no encabezado todas as follas facilitadas para facer o exame; indicar o número de cada suposto escollido, e copiar as preguntas que veñen ao final do texto. A continuación de cada pregunta redactará a resposta correspondente. A extensión recomendada é de entre unha e dúas páxinas para as preguntas de cada suposto.
50
 
Observacións avaliación

O proxecto de investigación está composto por varias actividades. 

É necesario aprobar a investigación e a prueba objetiva para superar a asignatura

Non se establece ningún criterio de avaliación diferente para o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes