Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Teoría sociolóxica 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva ALUMNOS/AS EN MODALIDAD DE EVALUACIÓN CONTINUA:
Faranse dúas probas obxectivas teórico-prácticas (a primeira sobre os Temas 1 e 2, a segunda sobre os 3 e 4). A partires de supostos prácticos e películas, o/a alumno/ amosará o grao de comprensión dos conceptos estudados e a súa capacidade para aplicalos aos contextos cotiáns. Tamén se preguntará pola definición formal dos conceptos esenciais.
Na 2ª proba preguntarase polos temas anteriores (preguntas de recordo). A súa resposta non inflúe na calificación dese parcial, pero conformará un 25% do total da nota teórica a final de curso. O 75% restante é a media dos 2 parciais (sen considerar preguntas de recordo).
Supón un 50% da nota para quen siga a modalidade de avaliación continua e tense que aprobar para considerar outros elementos de avaliación. ATENCIÓN, ESTO SIGNIFICA QUE UN 5 NA PARTE TEÓRICA EQUIVALE A UN 2,5 NO TOTAL DA MATERIA
ALUMNOS/AS QUE NON SIGAN A MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA (Ou que cesaran nela ao longo do curso):
Neste caso a proba obxectiva terá un peso do 90% da nota final e consistirá nun exame de preguntas a desenvolver, preguntas curtas e conceptos sobre os textos da bibliografía.
Traballos tutelados O traballo consiste no seguinte:
1º. Lectura e recensión dunha monografía acordada entre o/la estudante e o profesor. Cunha extensión non superior ás 5 páxinas, deberá explicar críticamente as ideas centrais da monografía.
2º. Revisión crítica da teoría sociolóxica aparecida na monografía desde o punto de vista da socioloxía do xénero (véase a bibliografía para o tema 8).
Valorarase o guión, profundidade de contidos e calidade da redacción. Aínda que só ten un peso do 10% no conxunto da nota (tanto para os alumnos que sigan a avaliación continua como para os que non), é indispensable presentar o traballo para que os alumnos sexan avaliados.
A DATA LÍMITE DE ENTREGA É O 7 DE OUTUBRO.
Non entregar o traballo a tempo (sen causa xustificada) supón cesar automáticamente na modalidade de avaliación continua ou, se non é o caso deste tipo de avaliación, a calificación de non presentado na 1ª convocatoria.
Sesión maxistral É a explicación do profesor dos contidos da materia na aula. Normalmente basearase en soporte visual. ATENCIÓN: As aulas son para entender os conceptos e as teorías e plantexar posibles dúbidas. Por esa razón cómpre ter leídos os textos sobre os que se falará na aula. OS TEXTOS DA BIBLIOGRAFÍA SON O MATERIAL A PARTIRES DO CAL AVALIARANSE OS COÑECEMENTOS
Mapa conceptual SÓ MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA
Consiste na elaboración dun pequeno traballo imaxinativo onde aparezan as ligazóns máis salientables entre as teorías dos autores contemplados nos Temas 6 e 7 (e as correntes/autores/teorías vistos nos temas anteriores, de ser o caso) referidos a un tema concreto a decidir entre o/a alumno/a e o profesor. Plantéxase como un diálogo entre Bourdieu, Habermas e Giddens (e a perspectiva posmoderna), malia que poden intervir outros (os que desexe o alumno).
Entregarase como data límite o 2 de decembro.
AO COMEZO DO CURSO PUBLICARASE A GUIA DE ESTUDO ONDE SE DESENVOLVE ESTA METODOLOXÍA
Prácticas a través de TIC SÓ MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA
Contabilizarase neste apartado a realización dun podcast, video, ou calquera outro formato audiovisual coa información máis relevante e/ou interesante da monografía, a participación nos foros que se establezcan ao longo do curso na plataforma virtual, etc.
A data límite de entrega é o 2 de decembro.
AO COMEZO DO CURSO PUBLICARASE A GUIA DE ESTUDO ONDE SE DESENVOLVE ESTA METODOLOXÍA
Solución de problemas SÓLO MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA:
Conxunto de probas prácticas que sirven para ir preparando a avaliación (e autoavaliación dos/as alumnos/as) dos coñecementos da materia. Iranse plantexando ao longo do curso. Son tanto os comentarios por escrito que se propoñan na aula como os exercicios máis específicos que se plantexen para cada tema (normalmente, probas de anos anteriores). Teñen un peso do 10% sobre a nota total.
AO COMEZO DO CURSO PUBLICARASE A GUÍA DE ESTUDO ONDE SE DESENVOLVE ESTA METODOLOXÍA
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes