Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da comunicación e da opinión pública
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Realizarase unha proba obxectiva para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos teóricos da materia.
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
A sesión se complementará co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Motivarase e valorarase a participación dos/as alumnos/as, mediante preguntas ou/e debates
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe pola profesora-titora.
Realización dun traballo en grupo de carácter empírico que consistirá na análise de contido cuantitativo e cualitativo nos medios de comunicación dixitais, sobre un tema de actualidade.
As instrucións para a súa realización estarán a disposición dos e das estudantes na aula virtual da materia.
Obradoiro Realización de actividades prácticas individuais nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, roll play, exposicións orais trátase de prácticas sobre un tema específico, realizadas co apoio e supervisión das profesoras da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes