Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Análise sociolóxica de textos e discursos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B12 B17 B18 C1 C3 C6 Realización de dous tipos de traballos prácticos.

O primeiro traballo será de tipo individual ou en grupo, consistente en análise de discurso de varios formatos distintos (noticias en prensa, redes sociais, debate parlamentario, programa electoral, anuncio comercial, grupo de discusión). En total son 3 traballos a realizar durante o curso. Os tres traballos contan o 30% da nota final.

O segundo traballo será de tipo individual, consistente na realización dunha entrevista semi-estructurada, a súa transcrición literal e a súa análise crítica do discurso, asistido opcionalmente polo software ATLAS.ti. En total trátase de 1 traballo, a entregar ao final do curso. Conta o 50% da nota final.
80
Presentación oral A24 B3 B5 B6 Cada alumno/a, ben individual ou en grupo, terá que expoñer un dos textos obligatorios proporcionados ao longo do curso. A presentación terá unha duración breve e o alumno/a ten que demostrar a súa capacidade de comprensión lectora, de exposición sintética dos contidos máis relevantes así como a súa capacidade de xerar preguntas ou liñas de debate relacionadas co texto. Haberá varias posibilidades para facer esta presentación durante o curso. 20
 
Observacións avaliación

As pautas de realización e os criterios de puntuación para cada unha dos
tipos de prácticas e exercicios propostos atoparanse publicados na
páxina de Moodle da asignatura.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes