Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía das migracións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A7 A26 A36 B3 B5 B11 B13 B17 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25 Valorarase a iniciativa e a capacidade para expor e defender oralmente as opinións, así como a participación activa nos debates en clase. A discusión dirixida poderá desenvolverse durante as clases presenciais ou online (a través de clases desenvolvidas e gravadas na plataforma Teams). Tamén poderá avaliarse a discusión dirixida a través da participación en foros de discusión, habilitados en Moodle. 10
Traballos tutelados A7 A15 A16 A17 A20 A19 A21 A22 A26 B1 B2 B4 B6 B7 B9 B10 B12 B14 B15 B20 C2 C3 C5 C7 Valorarase que os traballos reflictan os coñecementos adquiridos a través das lecturas e dos debates mantidos en clase, así como a aplicación destes á análise de datos empíricos (xa sexan secundarios ou material de traballo de campo) Así mesmo, valorarase a procura de información bibliográfica sobre a temática do traballo. 90
 
Observacións avaliación

É necesario superar a proba obxectiva para aprobar a materia. Gardaranse as calificacións dos traballos realizados durante o curso para a convocatoria de Xullo. 

Os alumnos a tempo parcial ou con dispensa académica serán obxecto dunha tutoría personalizada un mes antes do exame final. A primeira tutoría establecerase na primeira semana do mes de decembro e a segunda na primeira semana do mes de xuño.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes