Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Deseño Sonoro
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 Entregar de forma grupal o deseño sonoro íntegro dunha peza
audiovisual animada
30
Proba de resposta múltiple B3 Esta proba teórica versará sobre os contidos do libro "Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual." Barcelona: UOC. 20
Prácticas de laboratorio A4 A5 A8 A10 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 Para o cómputo das prácticas,
o/a estudante ten que entregar
polo menos o 80% das prácticas da
materia (grupo mediano).
40
Presentación oral A5 A22 A37 A39 B3 B4 B6 B11 B12 C1 Cada un dos proxectos finais será
valorado polos estudantes a partir dunha
rúbrica de avaliación proposta pola
profesora.

Para a avaliación da presentación oral
débense cumprir os seguintes requisitos:
(1) asistir e participar na presentación,
(2) entregar a rúbrica de avaliación
cuberta e (3) entregar o "Proxecto
final" (traballo tutelado B) en tempo e forma.
10
 
Observacións avaliación

Coa proposta de cada traballo e/ou actividade a profesora explicará
polo miúdo o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de
soporte e data de entrega.

Para superar a materia na CONVOCATORIA OPORTUNIDAD (sistema de avaliación continua) o/a estudante deberá obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total
das avaliacións dos diversos traballos e prácticas da materia. Neste
cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante así
como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato
diferente ao indicado.
Dado o obxecto da materia, todo traballo que careza de son nunha parte,
ou na súa totalidade, será anulado e -por tanto- contará cun 0 na súa
avaliación.

No caso do alumnado a tempo parcial e/ou dispensa académica de exención de asistencia establécense os seguintes cambios na avaliación: (1) substitución das actividades desenvolvidas durante a clase maxistral e do prácticas obradoiro por un exame teórico-práctico na data oficial da materia (valor ata 3,5 puntos); (2) desenvolvemento dos traballos tutelados de forma individual. 

Para superar a materia na SEGUNDA OPORTUNIDADE o/a estudante deberá: 

  • Entregar de forma individual o deseño sonoro íntegro dunha peza audiovisual,
    proposta pola docente, co correspondente dossier. Este traballo e a súa
    presentación, na que se xustifiquen aquelas decisións tomadas en canto
    ao son, terá un valor de 70% na nota final (60% proxecto + 10%
    presentación). Para a súa avaliación deberase entregar na data oficial
    de exame, no formato sinalado pola profesora (tanto a peza audiovisual
    co son íntegro, e o dossier).
  • Aprobar o exame na data oficial. Esta proba teórica, de preguntas breves, versará sobre os contidos do libro "Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual." Barcelona: UOC. Este exame constituirá o 30% da nota final. 

En calquera caso, para superar a materia débese aprobar o exame (5 puntos ou 1,5 ponderado) e obter, como mínimo, unha puntuación de 5 na nota final. 

Asemade aqueles/as estudantes que na avaliación continua (convocatoria de xaneiro-febreiro) queden por debaixo do umbral do 5 (o 50% da puntuación global), deberán
presentarse de toda a materia -teoría e práctica- na convocatoria de
xullo, seguindo as indicacións e requerimentos desta convocatoria. 

Nesta segunda oportunidade non se establecen fórmulas alternativas para o alumnado a tempo parcial e/ou con dispensa académica de exención de asistencia.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes