Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Asignaturas
  Xogo de empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A11 A15 A16 A17 B8 B10 B11 C4 C5 C6 C7 C8 C11 Valorarase a capacidade do alumno para comprender o funcionamento da empresa do xogo en función das súas interdependencia físicas, económicas, financeiras, de recursos humanos e competitivas.
Igualmente é necesario que o estudante comprenda a dinámica do mercado no que está a competir
Valoraranse os resultados obtidos pola empresa dirixida por cada estudante ao longo do xogo facendo especial fincapé, non tanto nos resultados finais obtidos como na capacidade demostrada para ir corrixindo os erros cometidos ao longo do xogo.
Valorarase especialmente o grao no que o estudante fose capaz de formular explicitamente as súas políticas de empresa e demostrar o seu grao de coherencia á hora de aplicar as políticas polo deseñadas.
90
Estudo de casos A5 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 Valorarase a capacidade do alumno para resolver, seguindo un plantexamento lóxico e coherente, as actividades e os problemas propostos en cada caso de estudo. 10
 
Observacións avaliación
As ponderacións de avaliación de estudo de casos e simulación mantéñense tanto para a primeira oportunidade como para a segunda oportunidade. No que atinxe ao estudo de casos, se houbera varios casos, todos eles terán o mesmo valor, e a nota final do estudo de casos será una media ponderada. Aqueles grupos que non entregasen/resolto todos os casos propostos terán unha puntuación de cero na nota correspondente a ese caso (tanto na primeira como na segunda oportunidade). Na segunda oportunidade arrástrase a nota dos casos da primeira oportunidade aínda que, para aqueles grupos que non resolvesen todos os casos, poden completar as entregas de caso(s) e, deste xeito, computaránse todos os casos na valoración da segunda oportunidade.
No que atinxe o xogo de empresa e debido a imposibilidade de repetir o xogo nas mesmas condicións que na primeira oportunidade -xogadas e nivel de competencia- faráse un examen no que se evalúe a capacidade de toma de decisións de acordo cos contidos e ideas traballadas durante o xogo.
Polo que respecta os alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, as actividades de avaliación serán as mesmas que para o alumnado a tempo completo, máis ao principio de curso estes alumnos dirixiránse ao profesorado correspondente para establecer unha planificación específica compatible e acorde coa súa dedicación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes