Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Asignaturas
  Sistemas de información. Xestión das TIC
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 A11 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 C2 C3 C11 Probas escritas a realizar na aula, relativas ós contidos discutidos nas sesións presenciais e á programación de traballo non presencial. 20
Estudo de casos A1 A2 A7 A9 A10 A11 A21 A22 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 C11 Análise crítica de casos. Valorarase i) a capacidade para diagnostica-las situacións formuladas; ii) a calidade das solucións propostas; iii) o contido do informe ou memoria presentado; iv) a capacidade para afirma-las conclusións con argumentos baseados na lóxica financeira, organizativa e competitiva da empresa. 30
Discusión dirixida A1 A7 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 B14 C2 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase i) o grao de participación; ii) a creatividade e o nivel de asertividade; iii) a relevancia e interese das contribucións realizadas ó debate. 10
Traballos tutelados A2 A9 B10 B11 B12 C2 C4 C6 C9 C10 C11 Valorarase i) a calidade do traballo preliminar de busca de información, mostraxe, etc.; ii) a calidade do traballo estatístico realizado para analiza-los datos dispoñibles; iii) a relevancia das conclusións obtidas, e o seu respaldo na lóxica financeira e organizativa; iv) a calidade da memoria ou informe final, e no seu caso, da exposición. 40
 
Observacións avaliación

De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade
e os criterios de coordinación acordados para a área de Economía Financeira e Contabilidade,

  • A primeira e segunda oportunidade avaliaranse de conformidade cos criterios
    expostos máis arriba. As actividades deben desenvolverse e/ou entregarse
    nas datas e condicións que se indiquen en cada momento; de non ser así, sen
    perxuizo das excepcións que no seu caso prevea a normativa académica, puntuaranse
    como cero.
  • Oportunidade adiantada: avaliarase en función do resultado dunha proba
    mixta comprensiva de tódolos contidos e competencias propios da materia, de
    acordo coa guía do curso inmediatamente anterior
  • Alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia: cando existan razóns obxectivas e acreditadas que lles impidan realiza-las actividades
    ou tarefas co resto do grupo serán cualificados calculando a media de
    i) Traballos titorizados (50%) e ii) Proba mixta escrita (50%). Estes alumnos deberán propoñer, na primeira semana lectiva do cuatrimestre, unha programación para a entrega dos traballos titorizados respectuosa co ritmo de traballo do grupo e a equidade cos restantes
    alumnos, e que non poderá reducións nos niveis de
    cumprimento ou esixencia, nin prazos de entrega máis longos que os
    previstos para o resto do estudantado. De non realizarse esa proposta, acomodaranse ós prazos de entrega comúns. A proba escrita realizarase na data que
    determine a Facultade, ou no seu defecto, o equipo docente da materia, dentro do período de avaliación fixado polo calendario académico da UDC, e
    versará sobre tódolos contidos e competencias da materia.



De conformidade coa normativa da Facultade, cualificarase
como "no presentado" exclusivamente ós alumnos que desenvolvan
tarefas que ponderen menos dun 20% na avaliación global del curso, con
independencia da cualificación obtida.



Salvo autorización expresa por parte dos profesores,
durante as sesións presenciais os móbiles, ordenadores, tablets e similares
permanecerán en todo momento fóra da vista; durante as probas de avaliación deberán
ademais estar apagados. O incumprimento destas normas será causa suficiente
para a expulsión da aula ou da proba, e neste último caso terá a interpretación
de fraude. A gravación das sesións presenciais e/ou das titorías non está
permitida, e pode ser constitutiva de infracción prevista no Código Penal.



A comisión de fraude poderá implicar que o alumno deba examinarse de
forma oral, sen perxuizo doutras consecuencias académicas que se poidan derivar.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes