Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Contabilidade Financeira I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A12 A14 A23 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 Valorarase, a través de presentacións orais ou pequenas probas escritas individuais realizadas na aula, a aprendizaxe fora da aula baseada na resolución dos exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. 50
Proba de resposta múltiple B10 B11 B13 Durante o curso realizarase unha proba tipo test. O alumno que, por calquera razón, non realice a proba terá a cualificación de cero na mesma. 10
Proba obxectiva B10 B11 B13 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos da materia. 40
 
Observacións avaliación

A metodoloxía proposta persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumno para que traballe de xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao alumno pídeselle que:

a) Semanalmente realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións. Ao inicio dunha das dúas sesións de cada semana o profesor presentará aos alumnos un pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fora da aula, que cada alumno deberá resolver de xeito individual no tempo marcado polo profesor. Estas probas escritas recolleranse e de todas elas o profesor valorará catro, elixidas aleatoriamente ao rematar o cuadrimestre. A valoración destas probas suporá o 40% de cualificación final.

b)Prepare, en grupo e seguindo as indicacións do profesor, un caso práctico para ser presentado na aula na data marcada polo profesor. Valorarase a dificultade do caso práctico, o rigor na súa resolución e a súa presentación e defensa na aula. A valoración deste caso práctico representará o 10% da cualificación final.

c) Prepare, individualmente ou en grupo, as cuestións e exercicios propostas polo profesor para a súa discusión na aula. Valórase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ao dos seus compañeiros. Por esta vía o alumno pode compensar con ata 1 punto a cualificación total obtida coa avaliación continua (obradoiro e proba de resposta múltiple), sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación (6 puntos). Isto é, dos sete elementos que se teñen en conta na avaliación continua (proba intermedia, catro probas escritas, caso práctico para presentar na aula e participación) elixiranse os seis que presenten as maiores cualificacións.

Estudantes en réxime de dedicación parcial. Dadas as peculiaridades da materia, recoméndase aos estudantes aos que lles fora concedido o réxime de dedicación parcial que, de ser posible, traten de asistir asiduamente ás clases e participar nas actividades de avaliación continua. Se isto non fose posible, estes estudantes e só estes estudantes, poderán realizar, en lugar das diferentes probas de avaliación continua, unha única proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia. Esta proba será en parte ou na súa totalidade oral e realizarase antes do remate das clases nunha data concordada entre todos os estudantes que estean nesta situación e o equipo docente da materia. A cualificación obtida nesta proba será considerada como a nota de avaliación continua destes estudantes. Deberán realizar, ademais, o exame final na mesma data e condicións que o resto do alumnado. Os estudantes en réxime de dedicación parcial deben contactar co profesorado da materia antes do 30 de setembro.

En canto ao exame final e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión Permanente da Facultade de Economía e Empresa do 6 de xullo de 2011:

Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Condicións de realización do exame final. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

Avaliación da oportunidade de xullo. Esta deberá realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación do primeiro ou do segundo cuadrimestre.

Por último, no caso de que ao alumno se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada", e só nese caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia. A valoración desta proba mixta representará o 100% da cualificación na acta.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes