Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Teoría e historia da actividade física e do deporte
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B16 A presentación oral de cada un dos traballos terá un valor que se suma a cada un dos traballos en sí. 0
Traballos tutelados A2 A1 A3 B12 C1 - Mulleres e deporte. Traballo que consiste na recopilación de información sobre unha muller ou grupo de mulleres deportistas. Este traballo consta de tres partes: dossier, póster e presentación oral. A éstas engádese a avaliación grupal.
Calificación: 2,5 puntos.
- Deporte social. O alumnado participará nunha actividade de aprendizaxe e servizo e terá que entregar unha memoria da mesma e realizar unha presentación oral e unha avaliación grupal. Calificación: 2,5 puntos.
50
Solución de problemas A2 A1 Ao longo do curso, por grupos de traballo, presentaránse diferentes problemas ao alumnado para que elaboren solucións que terán que expoñerse en clase, realizándose certas tarefas a través da plataforma moodle.
Un destes traballos será individual e consistirá na elaboración dunha árbore xenealóxica e historia familiar. Este traballo terá un valor de 2 puntos.
50
 
Observacións avaliación

- O alumnado que queira optar a matrícula poderá entregar un traballo denominado "historia familiar e motriz".

- O alumnado poderá optar por avaliación contínua (o que se corresponde co apartado de avaliación desta guía) ou avaliación final (só exame final).

- Avaliación contínua: como criterio pídese unha asistencia do 70% das clases prácticas e a entrega dos traballos nas datas acordadas, así como asistencia a titorías ou charlas que se especifiquen ao longo do curso. As faltas ás clases de traballo grupal descontarán na nota final. Cada dúas faltas restarase 0,5. Pasado un mes do inicio da materia non haberá opción de pasarse á opción de exame final, para aquelas persoas que inicialmente se inclinaron pola avaliación contínua. En todos os casos é preciso aprobar todas as partes para facer a media final. Tanto o feito de non aprobar os traballos como das faltas a clase pode supoñer o suspenso na avaliación contínua e a necesidade de presentarse na convocatoria de xullo.

- Avaliación final: este alumnado non ten ningunha esixencia de asistencia a clase e realizará un exame final, éste poderá ser oral ou escrito, e versará sobre os contidos da materia. O exame será o 100% da nota. O exame entregarase no idimoa de impartición da materia, facilitarase en castelán solicitándoo unha semana antes á data de realización.

- Avaliación alumnado tempo parcial: a avaliación será a mesma que para os de tempo completo. Para calqueira circunstancia especial de tipo persoal, o alumnado deberá falar coa profesora dentro das tres primeiras semanas do curso.

- O alumnado coa materia pendente doutros anos realizará un exame escrito ou oral ou entregará os traballos que tiña pendentes, en función de cada caso. Recoméndase ao alumnado coa materia pendente doutros anos que acuda a
unha titoría individual para cubrir unha ficha de datos persoais.

- Cando na primeira convocatoria se suspenda algunha das partes gardarase a nota das partes aprobadas durante 4 cursos escolares. O alumnado será responsable de actualizarse respecto á materia impartida cada curso.

- O alumnado con necesidades específicas especiais poñerase en contacto coa profesora ao inicio do curso para valorar a posibilidade dunha avaliación alternativa.
- Non se permitirá a asistencia aos exames con dispositivos móbiles ou calqueira outra ferramenta que non sexa un bolígrafo para redactar o exame. Recoméndase asistir ao exame con reloxo.
- Cando o alumnado se presente á primeira oportunidade e non se presente á segunda dunha convocatoria, a nota final que figurará na acta será a que obtivo na oportunidade na que sí se presentou.

-Ao longo do curso poderían xurdir actividades extras, como conferencias ou semellantes, que poderán plantexarse como actividades obrigatorias para o alumnado.

- A profesora non recepcionará traballos a través do correo electrónico, para este fin usarase a plataforma moodle.

- Tentaráse organizar unha visita guiada ao museo do xoguete de Ponteceso. Esta visita forma parte da avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes