Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Xogos e recreación deportiva
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Busca, consulta e comprensión de fontes documentais diversas de carácter científico e/ou divulgativo.
Aprendizaxe colaborativa Cooperar nos procesos de aprendizaxe cos compañeiros, tanto nas sesións prácticas coma nos traballos planificados.
Estudo de casos Deseño orixinal dun "Paseo Recreativo" por un espazo urbano, rural ou natural, a elixir polo alumno.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación das aprendizaxes dos contidos teóricos, combinando distintos tipos de preguntas.
Saídas de campo Realización de sesións de xogos e recreación deportiva en espazos naturais e modificados, en espazos acuáticos, e paseos recreativos en ámbitos rurais e urbanos.
Sesión maxistral Exposición e dirección por parte do profesor dos contidos teórico-prácticos de cada tema durante as clases presenciais, coa posibilidade de participación directa dos alumnos.
Simulación Realización de xogos e actividades de recreación deportiva simulando características de diferentes poboacións e aplicando principios de intervención pedagóxica en situacións simuladas.
Traballos tutelados Realización, de forma individual ou en grupo pequeno (2-3 persoas), de traballos sobre os contidos teóricos de cada tema para comprobar o grao de comprensión, facilitar a reflexión e entender a súa utilidade práctica.
Práctica de actividade física Realización de todo tipo de xogos e actividades de recreación deportiva relacionados cos contidos da materia para a súa vivencia e dominio.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes