Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Habilidades acuáticas e a súa didáctica
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Práctica de actividade física
Presentación oral
Descrición
- Para a realización de cada un dos traballos titorizados formularanse reunións de grupo para explicar con detalle o procedemento a seguir para a súa realización.
- Para a realización da exposición oral requirirase dunha ou varias titorías para acordar co alumno o tema de exposición, os contidos a expoñer e o formato da exposición.
- Durante a realización do traballo de prácticas en escolas de actividades acuáticas deberase de realizar unha titoría (persoal ou a través da plataforma virtual), ademais da posibilidade da participación no foro.
- Durante unha titoría poderanse formular suxestións para a realización do traballo de prácticas de clase.
- Previa á realización do exame práctico poderase formular unha titoría práctica de carácter obrigatorio.
- Os alumnos poderán solicitar que as titorías sexan de carácter práctico, se ben estas deberían ser polo menos en grupo reducido.
- Utilizarase o correo electrónico como vía continua de comunicación entre profesor e alumnos ou grupos, grazas tamén ao correo da plataforma Moodle.
- Consideración en casos de matrícula parcial: procurarase a atención ao alumnado, tras solicitude por correo electrónico, en horarios diferentes aos establecidos oficialmente no horario de titorías.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes