Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Habilidades ximnásticas e a súa didáctica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Habilidades ximnásticas e a súa didáctica Código 620G01009
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Morenilla Burlo, Luis
Correo electrónico
luis.morenilla@udc.es
Profesorado
Blanco Pereira, Eduardo
Morenilla Burlo, Luis
Sierra Palmeiro, Elena
Correo electrónico
eduardo.blanco.pereira@udc.es
luis.morenilla@udc.es
elena.sierra@udc.es
Web
Descrición xeral As competencias establecidas para o módulo de FUNDAMENTOS DOS DEPORTES, no que se integra a materia, nos indican que ésta desenvólvese basicamente sobre o estudo das habilidades motrices ximnásticas como conductas psicomotrices e os seus contidos como recursos educativos en educación física e en iniciación deportiva. O estudo das habilidades ximnásticas é un labor bastante extensa, en primeiro lugar pola diversidade de modalidades competitivas que suscita este deporte que integra una variedade de actividades motoras. En segundo lugar, pola riqueza e variedade en canto ao número de habilidades motrices desenvolvidas, desde habilidades simples a habilidades extraordinariamente complexas, desde unha motricidade “natural” ao ser humano, ata movementos completamente artificiais que colocan ao suxeito en situacións inhabituais (rotacións en diversos planos, posicións investidas, equilibrios con base moi reducida, etc.) onde os sistemas de información e movemento deben colaborar para resolver problemas motrices realmente difíciles e que obrigan a un período longo de traballo iniciado de forma temprana para poder chegar a conseguir bos rendementos nestas actividades. Como iniciación deportiva adóitase entender o momento e período no que unha persoa comeza a aprender unha habilidade específica ou un deporte en concreto. Neste sentido o desenvolvemento das habilidades ximnásticas pola súa elevada implicación perceptiva, a variedade de accións motrices e o enfrontamento a situacións de carácter inhabitual para o suxeito posibilitarán un enriquecemento motriz e unha transferencia positiva para futuras aprendizaxes de habilidades específicas deportivas. Conxugar isto coa idea de capacitar ao estudante do Grao en Ciencias da Actividade e do Deporte da UDC como docente, fainos enfocar a asignatura cara á utilización do ensino das habilidades ximnásticas no medio escolar, polo que o tratamento da materia intenta ser global, de forma que se poida ofrecer durante a duración da materia unha visión amplia das posibilidades da ximnasia como “útil” ou “ferramenta” na formación integral do alumnado.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Bloques temáticos I y II: Todos os contidos destes dous bloques, de carácter teórico e con docencia expositiva, desenvolveranse de forma non presencial mediante o uso das canles Moodle e Microsoft Teams. Bloques temáticos III e IV: Os contidos destes bloques, de carácter teórico-práctico e con docencia interactiva, pasarán a desenvolverse de forma non presencial adaptando a docencia dos contidos prácticos para poder impartirlos a través de Moodle e Microsoft Teams. 2. Metodoloxías *Metodologías docentes que non se manteñen - Eventos científicos e divulgativos - Taller de Actividades Ximnásticas - Resumen - Saídas de Campo - Proba práctica - Práctica de Actividade Física *Metodoloxías docentes que se modifican Desde o momento da interrupción da presencialidade na docencia, as metodoloxías docentes modifícanse e limítanse ás seguintes: - Sesións maxistrais: Tratarán os contidos expositivos e parte dos interactivos, con docencia non presencial síncrona mediante Microsoft Teams e asíncrona deixando materiais en Moodle e vídeos das sesións en Microsoft Stream. - Aprendizaxe colaborativa: Tratarán de forma non presencial os contidos interactivos relacionados cos bloques III e IV. Se desenvolverá de forma síncrona con Teams e asíncrona con Moodle e Stream. As sesións se enfocarán a análise da técnica das habilidades ximnásticas, detección de erros na execución e deseño de tarefas de aprendizaxe. - Discusión dirixida: A partir de documentos e materiais multimedia subidos a Moodle polos profesores, realizaranse sesións non presenciais debatendo de forma síncrona co profesorado. - Portafolios: Dada a imposibilidade de usar as instalacións docentes e deportivas da facultade, o portafolios limitarase a recompilar e completar información sobre os contidos dos bloques III e IV que sexan desenvolvidos. Neste caso a información poderase acompañar de imaxes fixas o en movemento do propio/a estudante o doutras persoas. - Proba mixta: Consistirá en varias probas realizadas de forma non presencial mediante Cuestionarios de Moodle e Microsoft Forms. As preguntas serán de resposta breve e de múltiple opción. As probas de esta metodoloxía substitúen tanto ás probas escritas coma ás probas prácticas anteriores. - Prácticas a través de TIC: Se convirte nun conxunto de cuestionarios e tarefas que os alumnos terán que realizar de forma non presencial e asíncrona a través de Moodle. As tarefas poderán ser pequenos vídeos gravados polos/as estudantes nos seus domicilios. Esta metodoloxía incluirá una tarefa equivalente á metodoloxía Solución de Problemas e tamén outra equivalente á Proba práctica de Axilidade no Chan. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Ferramentas: Correo electrónico da UDC, Microsoft Teams. - Temporalización: O/a estudante poderá solicita ao profesor por calquera destas vías a resolución de dúbidas sobre os contidos e as metodoloxías. O profesorado convocará titorías grupais non presenciais nas datas previas a realización das probas de avaliación para explicar dúbidas sobre os contidos e o procedemento das devanditas probas. 4. Modificacións na aviación As metodoloxías a utilizar quedan da seguinte forma: - Metodoloxía: Proba mixta TEORÍA HAB. ACROBÁTICAS. - Peso na cualificación: 20% - Descrición: Proba non presencial realizada mediante Moodle o Microsoft Forms, na data e hora oficial de exame da materia na 1ª e na 2ª oportunidade. Estará formada por preguntas de resposta breve o múltiple sobre os contidos dos Bloques I, II e III relacionados coas HABILIDADES XIMNÁSTICAS ACROBÁTICAS. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA. - Metodoloxía: Proba mixta TEORÍA HAB. NON ACROBÁTICAS. - Peso na cualificación: 20 % - Descrición: Proba non presencial realizada mediante Moodle o Microsoft Forms, na data e hora oficial de exame da materia na 1ª e na 2ª oportunidade. Estará formada por preguntas de resposta breve o múltiple sobre os contidos dos Bloques I, II e IVI relacionados coas HABILIDADES XIMNÁSTICAS NON ACROBÁTICAS. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA. - Metodoloxía: Proba mixta PRÁCTICA HAB. ACROBÁTICAS. - Peso na cualificación: 20 % - Descrición: Proba non presencial realizada mediante Moodle o Microsoft Forms, na data e hora oficial de exame da materia na 1ª e na 2ª oportunidade. Estará formada por preguntas de resposta breve o múltiple sobre os contidos do Bloque III relacionados coas HABILIDADES XIMNÁSTICAS ACROBÁTICAS. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA. - Metodoloxía: Proba mixta PRÁCTICA HAB. NON ACROBÁTICAS. - Peso na cualificación: 20 % - Descrición: Proba non presencial realizada mediante Moodle o Microsoft Forms, na data e hora oficial de exame da materia na 1ª e na 2ª oportunidade. Estará formada por preguntas de resposta breve o múltiple sobre os contidos do Bloque IV relacionados coas HABILIDADES XIMNÁSTICAS NON ACROBÁTICAS. É IMPRESCINDIBEL SUPERAR ESTA PROBA PARA APROBAR A MATERIA. - Metodoloxía: Prácticas a través de TIC - Peso na cualificación: 15% - Descrición: Utilizarase a nota media de todas as tarefas realizadas durante o curso a través desta metodoloxía. O peso da metodoloxía Solución de Problema (5%) inclúese nesta xa que se establecerá unha tarefa non presencial equivalente ao exercicio de grupo. - Metodoloxía: Portafolios do estudante - Peso na cualificación: 5 % - Descrición: Cartafol realizado en grupos de ata 4 estudantes no que recompilará e completará a información sobre a descrición técnica e as tarefas de aprendizaxe para cada unha das habilidades ximnásticas estudadas durante as sesións da materia. A información escrita deberase acompañar de información gráfica (debuxos, fotografías, links a vídeos, etc.) de cada habilidade e tarefa. Non será preciso que inclúa imaxes dos/as autores/as. *Observacións de aviación: Equivalencias entre metodoloxías de avaliación antes (PRESENCIAIS) e despois (NON PRESENCIAIS) da suspensión da presencialidade: METODOLOXÍAS PRESENCIAIS => METODOLOXÍAS NON PRESENCIAIS Proba mixta escrita sobre os contidos relacionados coas HAB. ACROBÁTICAS => Proba mixta TEORÍA HAB. ACROBÁTICAS. Proba mixta escrita sobre os contidos relacionados coas HAB. NON ACROBÁTICAS => Proba mixta TEORÍA HAB. NON ACROBÁTICAS. Proba motriz sobre os contidos relacionados coas HAB. ACROBÁTICAS => Proba mixta PRÁCTICA HAB. ACROBÁTICAS. Proba motriz sobre os contidos relacionados coas HAB. NON ACROBÁTICAS => Proba mixta PRÁCTICA HAB. NON ACROBÁTICAS. Proba de axilidade ximnástica no chan => Tarefa incluida nas Prácticas a través de TIC equivalente á Proba de axilidade ximnástica no chan. Será preciso superar cada unha das probas equivalentes das METODOLOXÍAS NON PRESENCIAIS PARA APROBAR A MATERIA. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes