Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Aprendizaxe e control motor
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Aprendizaxe e control motor Código 620G01012
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Sanchez Molina, Jose Andres
Correo electrónico
jose.andres.sanchez.molina@udc.es
Profesorado
Arias Rodríguez, Pablo
Morenilla Burlo, Luis
Sanchez Molina, Jose Andres
Sevilla Sánchez, Marta
Correo electrónico
pablo.arias.rodriguez@udc.es
luis.morenilla@udc.es
jose.andres.sanchez.molina@udc.es
marta.sevilla@udc.es
Web http://www.motorcontrolgroup.com
Descrición xeral O control motor é unha disciplina científica que tenta responder á pregunta básica de como o ser humano controla o movemento. Esta disciplina non é máis que un intento de integrar moitas outras ciencias que se preguntan o mesmo, pero que historicamente non se relacionaron entre si. A psicoloxía, a neurofisioloxía ou a neuroloxía son exemplos de ciencias que achegaron moitísimo coñecemento sobre o funcionamento do sistema nervioso e o seu papel no movemento humano pero que mantiveron, ata non fai moito, un discurso illado as unhas das outras. O anterior non quere dicir que o control motor sexa a “disciplina” que resolverá finalmente todas as nosas dúbidas, senón que reflicte a importancia de abordar o movemento humano cun enfoque multidisciplinar ou, máis ben, interdisciplinar, dado que é o único modo de chegar a entender como o ser humano controla os seus movementos dotados de intención.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Sesión maxistral - Prácticas a través de TIC *Metodoloxías docentes que se modifican: - Prácticas de laboratorio: - empregaranse rexistros en bruto de prácticas de cursos precedentes para a súa análise, obtención de resultados e a súa posterior discusión e avaliación a través de cuestionarios expostos a través de TIC. - aumentarase ol número de prácticas nas que o sistema de rexistro sexa a interacción coa aplicación PEBL. - Eventos científicos y/o divulgativos - Probas clínicas 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e enviar notificacións sobre o desenvolvemento da materia. - Moodle: semanalmente, con actividades programadas e avisos mediante “novas noticias”. - MSTeams: 3 sesións semanais para avanzar no contido teórico e das actividades para desenvolver (explicación de prácticas, procedementos, rexistros, análises e discusión de resultados). Unha sesión adicional cada dúas semanas como titoría obrigatoria establecida polo centro no horario de actividade académica para avanzar nos aspectos de índole teórica ou prácticas que sexan requiridos (solicitarase ao alumnado establecer a demanda do contido da titoría 4. Modificacions na evaluación: - Proba mixta: 25% (situación normal de base: 40%; xa que pode chegar ao 55% se non levan a cabo as metodoloxías de: eventos científicos e/ou divulgativos e as probas clínicas). - Prácticas a través de TICS: 75% (situación normal: 45%) *Observacións de avaliación: - Correspóndese coas expostas nas observacións de avaliación normal da guía. 5. Modificacións na bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. Xa se incorporan, por defecto en Moodle, os documentos precisos (artigos y manuais, fundamentalmente) e vídeos para o desenvolvemento da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes