Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Actividade física saudable e calidade de vida II
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Cada grupo deberá cubrir unha ficha na que establecerá unha orde de prioridade á hora de desenvolver o traballo en torna á temática de cada un dos bloques temáticos da materia. Posteriormente, aos grupos asignaráselles un titor entre os profesores da materia tendo en conta o contido a desarrolar no seu traballo. A asignación de titor e contido farase tendo en conta a orde de comunicación da solicitude, as preferencias indicadas polo grupo e a distribución proporcional entre os bloques de contido.Cada grupo manterá polo menos cinco titorías co seu supervisor para tratar temas concretos do traballo. Estes encontros serán planificados ao comezo do cuadrimestre, e compatibles co emprego do resto de horas de titoría. Cada unha das atencións terá unha temática concreta:

- Deseño
- Ritmo de desenvolvemento
- Resultados
- Preparación da exposición
- Exposición do traballo

No caso de alumnos con matrícula con dedicación a tempo parcial, o alumno poderá solicitar a realización do traballo de forma individual, podendo realizarse o seguimento do traballo de forma non presencial (correo electrónico, skype etc.)
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes