Guia docenteCurso
Escuela Técnica Superior de Arquitectura
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 5
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Proxectos 5 Código 630G02021
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Crespo Gonzalez, Cristobal
Correo electrónico
cristobal.crespo@udc.es
Profesorado
Crespo Gonzalez, Cristobal
Martinez Raído, Jose Luis
Mesejo Conde, Mónica
Pedros Fernandez, Oscar
Prieto López, Juan Ignacio
Correo electrónico
cristobal.crespo@udc.es
jose.luis.martinez.raido@udc.es
monica.mesejo@udc.es
oscar.pedros@udc.es
juan.prieto1@udc.es
Web http://dpauc.udc.es/
Descrición xeral Nesta materia consolidarase a elaboración da metodoloxía proxectual individual de cada alumno, permitíndolle comprobar como o achegamento ao proxecto baixo unha perspectiva disciplinar permite abordar programas moi diversos en canto a escala e complexidade. Neste cuatrimestre reflexionarase sobre o papel do edificio con respecto á súa contorna, de tal xeito que se pondere a influencia do mesmo en condicións que van desde a intervención nun conxunto urbano consolidado e con interese patrimonial a un área en desenvolvemento na periferia urbana e sen elementos construídos que a caractericen. Así mesmo, traballarase sobre o concepto do uso colectivo, os espazos comúns e de relación e as condicións de privacidade, as circulacións, os espazos de acceso e reunión, os aspectos de representatividade e imaxe, o carácter dos espazos exteriores, pavimentos, axardinamento, patios, iluminación das estancias, etc.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: - Non se realizarán cambios nos contidos - No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e máis a integridade dos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: – Sesión maxistral – Discusión dirixida – Traballos tutelados (con atención personalizada) (computa na avaliación) – Atención personalizada - Manteranse as mesmas metodoloxías docentes. Tanto a sesión maxistral, como a realización das probas obxectivas e o seguimento dos traballos tutelados adaptaranse ao soporte virtual, de ser o caso. *Metodoloxías docentes que se modifican: - Non están previstas modificacións de metodoloxías docentes. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Correo electrónico: Uso diario. Pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de información actualizada sobre as actividades da asignatura e os contenidos da docencia expositiva, así como de foros temáticos asociados aos módulos da materia. – Teams: 2 sesións semanais en grupos reducidos para o seguimento do avance dos traballos tutelados, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Escola. - 1 reunión mensual de coordinación da materia e co resto das asignaturas que configuran o Obradoiro, para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo das diferentes materias. - Titorías: programadas ao través da tarea específica de Moodle, as titorías adaptaranse as necesidades do alumnado, e realizaranse a través de reunións en Teams, tanto de xeito individual como en pequenos grupos de non mais de 6 alumnos, segundo as especificidades das consultas. 4. Modificacións na avaliación: - Non se contemplan modificacións nos obxectivos nin nas metodoloxías de avaliación. Observacións da avaliación: - As probas obxectivas poderán realizarse de modo non presencial. - Os alumnos estranxeiros en programas de intercambio poderán substituír a proba obxectiva por un traballo tutelado proposto polo profesor. - Esixirase ao alumnado unha participación activa na docencia on- line, en similares condicións ás requiridas nesta Guía para a docencia presencial, para garantir a autoría e a supervisión dos traballos e poder superar a materia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: - Os recursos bibliográficos da asignatura están disponibles no Moodle. Facilitaranse aportacións específicas de materiais de consulta en soporte dixital ao través da plataforma Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes