Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Intervención no Patrimonio Europeo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Intervención no Patrimonio Europeo Código 630G02055
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Expresión Gráfica Arquitectónica
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Vidal Pérez, Francisco José
Correo electrónico
francisco.vidal@udc.es
Profesorado
Martinez Raído, Jose Luis
Vidal Pérez, Francisco José
Correo electrónico
jose.luis.martinez.raido@udc.es
francisco.vidal@udc.es
Web
Descrición xeral O programa da Escola Superior de Arquitectura de A Coruña recolle, en 5º curso, a materia de Teoría da Composición e Patrimonio asignada ó departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición, sendo compartida por dúas seccións departamentais: Proxectos Arquitectónicos e Composición Arquitectónica. En consecuencia, na asignatura converxen dúas singularidades disciplinares, centradas cada unha delas en aspectos que se complementan, pero que son diferentes. Á súa vez, esta asignación enténdese como ferramenta de reforzo de intensidade programática de ambas seccións pero, sobre todo, resulta unha resposta para as prácticas de caracterización e situación da nosa rica e ampla arquitectura edificada, urbana e territorial que aporta ao imaxinario colectivo do país galego unha realidade insustituíble nos procesos e experiencias indentitarias no coñecemento da disciplina e, por tanto, na formación dos alumnos da escola galega de Arquitectura. Estes procesos son tamén imprescindibles para profundizar na comprensión cultural e identitaria do Estado das Autonomías e da Historia da Humanidade, como documentan e certifican os inmobles edificados urbanos e territoriais que son parte do listado de Patrimonio Mundial da UNESCO e do rexistro de Bens Culturais do Estado Español e de Galicia. A intención desta materia é a de apuntar información, coñecementos, criterios, materiais e técnicas imprescindibles para as prácticas encamiñadas á Conservación e Restauración (tal como se veñen sistematizando fundamentalmente dende o século XVIII ata agora), en clara convivencia coas normativas xurídicas e administrativas que cautelan as actuacións que se levan a cabo dentro do marco do noso estado de dereito social e democrático a través da Constitución, os Estatutos de Autonomía e os tratados internacionais, que fan referencia ás obrigas de acceso, protección e conservación do patrimonio cultural arquitectónico edificado, urbano e territorial caracterizado como tal. Aquela asignatura (Teoría da Composición e Patrimonio) remata a súa vixencia no próximo curso e é substituida por estas dúas : "Intervención no Patrimonio Europeo" e "Teoría da intervención contemporánea". No que corresponde a asignatura de Intervención no Patrimonio Europeo e tendo en conta que o concepto de Patrimonio Cultural e Conservación do Patrimonio Cultural son dúas conquistas culturais de longo percorrido e configuración na Cultura Europa e en xeral na Occidental. A escola de Arquitectura da Coruña no seu programa académico incorpora con esta asignatura o desenrolo máis específico da conservación e restauración do Patrimonio Arquitectónico dende a perspectiva dos Bens de Interese Cultural, dende o comezo da sistematización e da comprensión e conservación, dende mediados do seculo XIX ata os nosos días. Esta significación do Patrimonio e a súa conservación marcarase desde as prespectivas lexislativas-administrativas seguintes: - O Patrimonio mundial, o Patrimonio Europeo, o Patrimonio autonómico ou rexional. As clases teóricas desenrolaranse en tres grandes áreas culturais, escolas ou tendencias: O concepto de Patrimonio e as practicas de conservación e restauración dende a cultura anglosaxona, a cultura francesa, a cultura centroeuropea, a cultura italiana e aquelas culturas vencelladas a area mediterránea, España, Portugal, Grecia; que xustifica o título da asignatura: INTERVENCIÓN NO PATRIMONIO EUROPEO (desde o concepto ou idea de Patrimonio Arquitectónico, Urbano e Territorial de Interese Cultural.
Plan de continxencia
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes