Guia docenteCurso
Escuela Técnica Superior de Arquitectura
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Hábitat Básico
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Hábitat Básico Código 630G02062
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Expresión Gráfica Arquitectónica
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Cuba Cabana, Hilda
Correo electrónico
hilda.cuba@udc.es
Profesorado
Antelo Tudela, Enrique
Cuba Cabana, Hilda
Lizancos Mora, Plácido
Mesejo Conde, Mónica
Muñiz Núñez, Patricia
Rodriguez Alvarez, Jorge
Correo electrónico
enrique.antelo@udc.es
hilda.cuba@udc.es
placido.lizancos@udc.es
monica.mesejo@udc.es
patricia.muniz@udc.es
jorge.ralvarez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten por obxectivo desenvolver as capacidades do alumnado para analizar -desde un enfoque de dereitos- a construción do hábitat humano a partir de procesos, formais ou non, tanto nas sociedades opulentas como nas empobrecidas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral. - Obradoiro. - Proba mixta. *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral: adaptarase á forma telemática a través da plataforma Teams. - Obradoiro: adaptarase á forma telemática a través da plataforma Teams. - Proba mixta: formalizarase unha entrega a través da plataforma Moodle/Teams e complementarase coa avaliación telemática dos contidos teórico-prácticos. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas. - Moodle: semanalmente. Empregarase para facilitar documentación adicional ás sesións maxistrais ou para o obradoiro. - Teams: 1 sesión semanal na franxa horaria asignada á materia no calendario de aulas da Escola. Tamén servirá como canle de comunicación para a atención individual ou grupal no horario de titorías de cada docente. 4. Modificacións na avaliación Traballo no obradoiro (100%). En relación co traballo elaborado, valorarase: - O grao de seguimento virtual e participación nas sesións de traballo. - A pertinencia e adecuación metodolóxica das propostas. - A orixinalidade e profundidade do contido. - O tratamento dunha linguaxe visual e escrita propia da arquitectura. - A utilización de fontes documentais relevantes e actuais. - A presentación e a claridade na exposición. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións presenciais que tiveron lugar até o momento no que se suspendeu a actividade presencial. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: - Asistencia/participación mínima esixida nas actividades da aula: 80%. - Valoración da elaboración e presentación dos traballos: 100%. B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención da asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): - Valoración da elaboración e presentación dos traballos: 100%. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: - Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. - Obter unha puntuación de 5 sobre 10 no traballo teórico-práctico do obradoiro. - Entregar e expoñer o traballo nas datas que se indiquen. - Quen non superase a primeira oportunidade poderá presentarse a unha segunda, que consistirá nunha proba mixta de tipo teórico-práctico no mes de xullo, segundo o calendario oficial. Para poder presentarse a esta segunda oportunidade, o alumnado deberá entregar o traballo teórico-práctico, axeitadamente titorizado polo profesorado, no momento de realización da proba. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Facilitaranse a través de Moodle /Teams as fontes de información necesarias para o desenvolvemento do curso.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes