Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Particularidades do Dereito Marítimo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A profesora expón un tema e a introdución dunhas preguntas dirixidas ao alumnado co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Ademais do tempo de exposición oral por parte da profesora, esta actividade formativa require que o alumnado dedique un tempo para preparar e revisar o material da clase por si mesmo.
Proba obxectiva Para o alumnado que NON ASISTIRÁ Á CLASE nun 80%, terá que:
Elaborar un traballo encomendado polo profesor que terá que presentar e defender oralmente. E realizar os casos prácticos referenciados en Moodle que se desenvolveron durante o curso.
Tanto para o traballo como para os casos valorarase a profundidade do contido, a linguaxe adecuada ao contexto xurídico, o uso de fontes documentais complementarias e actuais, así como a presentación e claridade da exposición.
Obradoiro Encárgase ao alumnado de realizar traballos e resolver casos prácticos. Esta actividade, tal e como se indica, pode realizarse individualmente ou en grupos de traballo. Así mesmo, require a exposición oral dos traballos e casos prácticos seguida dun debate na aula. Todo isto co apoio e supervisión do profesor. Valorarase a profundidade dos contidos, a linguaxe adecuada ao contexto xurídico, o uso de fontes documentais complementarias e actuais, así como a presentación e claridade na exposición.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes