Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Química
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A3 A4 A7 A9 A10 A11 A14 A18 A20 A21 A25 A31 A32 A33 A35 A42 A43 A47 A52 A54 A55 A56 A58 A59 A60 B1 B2 B3 B5 B6 B8 B10 B11 C1 C2 C3 C4 C6 De non ter feito as prácticas o exame final tamén inclúe un exame práctico no laboratorio de Química.
De ter feito as prácticas a avaliación será sobre a libreta de laboratorio.
20
Seminario A1 A3 A7 A14 A17 A20 A32 A35 A55 A60 B1 B2 B5 B7 B8 B10 B11 C1 C4 C9 C10 C11 C12 C13 Non procede no caso de que non se opte pola avaliación continua.

No caso de optar pola avaliación continua valorarase a participación activa nos seminarios. Valórase a participación resolvendo problemas, prantexando dúbidas, e respostando cuestións que indique o/a profesor/a. así como a entrega dos exercicios propostos.
15
Proba mixta A1 A3 A4 A7 A14 A17 A19 A20 A21 A31 A32 A34 A55 A56 B1 B2 B6 B7 B9 B10 C1 C4 No caso de que non se opte pola avaliación continua a proba mixta será o 100% da cualificación, correspondendo un 20% á libreta de laboratorio ou, no seu caso, o exame práctico no laboratorio. Do restante 80% o 50% corresponderá o exame de problemas e o resto á teoría.


No caso de que se opte pola avaliación continua a cualificación da proba mixta (50%) repartirase do seguinte xeito: 30% corresponderá á teoría, 40% a problemas, 5% á pregunta de laboratorio, 20% á libreta (o no seu caso exame práctico) de laboratorio e o 5% restante á simulación.

• Unha nota inferior a 4 en teoría ou en problemas suporá o suspenso da asignatura. Aquelas notas comprendidas entre un 4-5 poderán compensarse coas puntuacións das outras actividades avaliables. Senon é así, manterase a nota da parte compensable ata a segunda oportunidade dentro do mesmo curso académico.
50
Simulación A1 A4 A14 A17 A18 A20 A34 A35 A48 A59 B1 B2 B4 B6 B7 B11 C1 C2 C3 C4 Non procede no caso de que non se opte pola avaliación continua.

No caso de optar pola avaliación continua @ alumn@ deberá obter resultados con programas de simulación e saber interpretarlos.
5
Proba de resposta múltiple A1 A3 A4 A7 A14 A17 A19 A20 A31 A32 A34 A54 A55 A56 A59 B1 B2 B6 B7 B9 C1 C3 C4 Non procede no caso de que non se opte pola avaliación continua.

No caso de optar pola avaliación continua este conxunto de probas, exclusivamente ON-LINE, computará un máximo dun 10% sempre e cando se realicen nos prazos sinalados.
10
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura será sempre preciso obter unha nota global mínima de 5.0 sobre 10 segundo o establecido máis arriba. 

Durante a realización da proba obxectiva, en calquera de ambas
oportunidades, agás que se indique o contrario, está prohibido o uso de cualquera dispositivo con acceso a
Internet. Pese a que non se aconsella traer ditos dispositivos á devandita
actividade, poderá habilitarse un espazo para o seu almacenamento, sen que elo
implique ningún tipo de responsabilidade por parte da UDC, da Escola ou dos
profesores presentes durante a proba obxectiva. Se durante a realización da
proba obxectiva, hai indicios do uso non autorizado deses dispositivos, automaticamente o/a
estudante será expulsado do aula, a proba obxectiva cualificada con suspenso e
se informará por escrito á dirección do centro segundo establece a normativa correspondente.

A realización fraudulenta das probas ou actividades implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na convocatoria correspondente, invalidando tamén calquera cualificación obtida en todas as actividades de cara á seguinte convocatoria, de existir, dentro do mesmo curso académico. Igualmente considérase fraudulenta a realización das actividades, propostas a ser completadas presencialmente no aula, que se fagan dende fora do aula. Neste caso a sanción aplicarase tanto @ estudante que a realice fora da aula como a quen, de selo caso, proporcione a correspondente información para o acceso.

Por lo que atinxe a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, manténdose, por razón de extinción do título, a cualificación das prácticas de laboratorio.

Aclaracións en relación o convenio STCW. Co gallo de facilita-la adquisición de competencias segundo o convenio STCW nas asignaturas específicas desta titulación, a avaliación tense adaptado de xeito que é consistente
cos criterios de avaliación da competencia recollidos na Columna 4 dos seguintes
cadros do Convenio STCW, modificado por Manila 2010:

  • Cadro A-V/1-1-1. Especificación das normas mínimas de competencia
    en formación básica para operacións de carga en petroleiros e quimiqueiros.
  • Cadro A-V/1-1-2. Especificación das normas mínimas de competencia
    en formación avanzada para operacións de carga en petroleiros.
  • Cadro A-V/1-1-3. Especificación das normas mínimas de competencia
    en formación avanzada para operacións de carga en quimiqueiros
  • Cadro A-V/1-2-1. Especificación das normas mínimas de competencia
    en formación básica para as operacións de carga en buques tanque para o
    transporte de gas licuado.
  • Cadro A-V/1-2-2. Especificación das normas mínimas de
    competencia en formación avanzada para operacións de carga en buques tanque
    para o transporte de gas licuado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes