Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Equipos Auxiliares do Buque
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Equipos Auxiliares do Buque Código 631G02362
Titulación
Grao en Tecnoloxías Mariñas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Romero Gomez, Javier
Correo electrónico
j.romero.gomez@udc.es
Profesorado
Romero Gomez, Javier
Correo electrónico
j.romero.gomez@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecer e comprender os principios de funcionamento dos sistemas de propulsión e os sistemas auxiliares dos buques Coñecemento xeral da terminoloxía referente á maquinaria e equipos da bordo. Coñecer e saber utilizar os telemandos da maquinaria principal e auxiliar dos buques Interpretación dos debuxos e manuais de maquinaria Interpretación de diagramas dos sistemas de canalizacións, hidráulicos e pneumáticos Interpretar correctamente os esquemas e canalizacións dunha instalación, sendo capaz de facer modificacións nestes, e trazar planos de pequenas instalacións ou partes destas. Expresarse correctamente utilizando os termos relativos á maquinaria principal e auxiliar. Interpretar a información contida nos catálogos, manuais e demais literatura técnica subministrada polas casas comerciais sobre os seus produtos. En xeral preténdese que o alumno adquira os coñecementos teóricos e prácticos abondo, conducentes á obtención do título académico que pretende, para que, no exercicio da súa profesión, poida resolver cantas cuestións se lle presenten na enxeñaría da operación e o mantemento dos diversos elementos e sistemas auxiliares que compoñen os distintos tipos de buques, así como en calquera ámbito da industria.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes