Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Ferrocarrís
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A11 A17 A23 A29 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C8 C19 Solución de problemas na aula.
Esta valoración corresponde á modalidade A de avaliación.
O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia.
20
Traballos tutelados A11 A17 A23 A29 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C8 C19 Resolución de traballos plantexados aos estudantes ao longo do curso. O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia.
Estes traballos só se valoran na modalidade A de avaliación.
20
Proba obxectiva A11 A17 A23 A29 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B11 B15 B16 B8 B18 B19 B20 C3 C4 C5 C6 C10 C13 C18 C2 C19 Probas de avaliación de contidos teóricos e prácticos realizadas nas datas establecidas no calendario académico.
O peso establecido para estas probas refírese á modalidade A de avaliación.
O peso deste tipo de proba sobre a cualificación global poderá variar en función do número de estudantes da materia.
60
 
Observacións avaliación

Existen dúas modalidades de avaliación:

MODALIDADE A


Precísase unha asistencia ao 90% das clases para poder acollerse a esta
modalidade. No caso de que non se alcance, automaticamente pasaríase á
modalidade B.


Nesta modalidade valorarase:


  1. Un traballo de curso, cun 10% da cualificación final.
  2. Prácticas
    de problemas na aula. Supoñerán un 20% da cualificación final. Se
    algunha das prácticas non se supera, poderá repetirse unha vez máis. En
    tal caso, a cualificación máxima será a suma da nota obtida inicialmente
    máis o 50% da cualificación restante.
  3. Prácticas propostas para realizar fóra de clase. Constituirán o 10% da cualificación final.
  4. Proba
    de avaliación final. Estará constituída por un exame de tipo teórico
    (cun valor do 40% da cualificación final) e un exame de problemas (cun
    valor do 20% da cualificación final). Para poder aprobar o exame é
    imprescindible que a parte de teoría e a de problemas teñan cada unha
    delas unha cualificación superior a 5 sobre 10.

Para aprobar a materia é preciso aprobar o exame.

No
caso de que os profesores non plantexen a realización dalgunha das
actividades anteriores, se prorrateará o peso das demais.

MODALIDADE B

Aqueles
estudantes que non satisfagan as condicións da modalidade A ou que
estean matriculados a tempo parcial, deberán realizar un exame final,
composto por unha parte teórica (70% da cualificación final) e unha
parte de problemas (30% da cualificación final). É preciso aprobar ambas
as partes por separado para poder superar a materia.

Os estudantes que non asistan regularmente a clase deberán contactar co profesorado ao comezo do cuadrimestre.

En ambas as
modalidades, no caso de que se aprobase (cualificación maior ou igual a
5 sobre 10) só una das partes da proba de avaliación final (teoría ou
problemas) na primeira oportunidade, a cualificación da parte aprobada
manterase para a segunda oportunidade, non sendo preciso realizar un
novo exame da devandita parte.

As porcentaxes expostas poderían variar en función do número de estudantes e dos traballos que se realicen.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes