Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
 Asignaturas
  Enxeñaría Ambiental
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A4 A14 A23 A24 A25 A31 A32 B2 C3 C5 C6 Os profesores exporán en clase os diferentes temas apoiándose en presentacións gráficas. Esta información, xunto con outra que se considere complementaria (textos legais, artigos, lecturas complementarias, etc.), será posta a disposición dos a lumnos.

Nota: ler as apartado "Observacións avaliación".
10
Solución de problemas A4 A23 A24 A25 A31 B11 B15 B2 B3 B6 B7 C3 Dalgúns temas os profesores elaborarán e entregarán aos alumnos exercicios prácticos para resolver dentro dun prazo que se establecerá no seu momento. Os exercicios prácticos poderán ser problemas de cálculo, traballos de revisión, traballos de profundización en temas propios da materia, ou estudos de casos reais.

Algúns dos exercicios prácticos poderán ser presentados polos alumnos e serán evaluadon como parte da nota da práctica.

Nota: ler apartado "Observacións avaliación".
30
Proba mixta A4 A23 A24 A25 A31 B9 B11 B12 B15 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C6 Os profesores elaborarán durante o período docente varias probas mixtas para o control de coñecementos, en horarios de clase. Estas probas estruturaranse como unha combinación de test, preguntas curtas e/ou desenvolvemento de temas.

Realizaranse, aome nos, 6 probas, 3 no primeiro cuadrimestre e 3 no segundo cuadrimestre.

En cada proba mixta avaliarase os temas que se presentaron en clase en datas anteriores á proba. En todo caso, os profesores indicarán que temas ou parte dos conteniños avaliaranse en cada proba mixta.

Non todas as prubeas cubrirán a mesma extensión temporal, xa que se axustarán a bloques temáticos coherentes, polo que poderán ter diferentes pesos á hora de realizar unha nota media de todas elas

Nota: ler apartado "Observacións avaliación".
60
 
Observacións avaliación





A.- ESTUDANTES CON MATRÍCULA A tempo completo


A distribución porcentual da cualificación para estes estudantes
será:


... Asistencia a sesións maxistrais e estudo de casos (10%)


... Solución de problemas (30%)


... Probas mixtas (60%)


A cualificación por "sesión maxistral" basearase na
asistencia a clases do estudante. A porcentaxe mínima esixido de
asistencia
é do 80% das horas de clase. A asistencia se controlará mediante
a firma do alumno na folla de control. A puntuación da asistencia xeral vai
dun mínimo de 0 puntos (cando se ten o mínimo do 80% de asistencia) a un
máximo de 1 punto (co 100% de asistencia). Entre o 80 e 100% de asistencia, a
puntuación obtense mediante un axuste lineal entre os puntos de coordenadas
(0; 80) e (1; 100).


A cualificación de "solución de problemas" será a
media ponderada das cualificacións obtidas en cada un dos traballos de
"exercicios prácticos". O alumno deberá aprobar a práctica.


As "probas mixtas" serán distribuídas ao longo do
período de docencia. Os profesores establecerán, con polo menos 1 semana de
antelación, data e hora para a realización de cada proba mixta.


Para soubenrar a materia o estudante deberá aprobar (é dicir,
obter un 5 sobre 10) cada unha das probas mixtas
. De cada proba mixta
aprobada gardarase a cualificación obtida.


Por tanto, as oportunidades oficiais, nas datas establecidas
polo Centro, serán utilizadas para a re-avaliación da(s) proba(s) mixta(s)
non aprobada(s) durante o período de docencia.


Tamén, o estudante que o desexe poderá utilizar a "primeira
oportunidade oficial" para re-avaliarse cofin d e mellorar a
cualificación dunha ou máis probas mixtas que xa superase.


B.- ESTUDANTES CON MATRÍCULA A tempo parcial


Por normativa, os estudantes a tempo parcial están exentos da
obrigación de asistir a clases. Por tanto, a puntuación correspondente (10%)
distribuirase entre as metodoloxías da avaliación continua. De modo que, a
distribución porcentual da cualificación para estes estudantes será:


... Solución de problemas (35%)


... Probas mixtas (65%)


En todo o demais, ao estudante a tempo parcial seranlle de
aplicación as mesmas condicións e requisitos aplicadas aos seus compañeiros a
tempo completo descritas no apartado A.


Recoméndase que os estudantes a tempo parcial manteñan
comunicación fluída a través de correo electrónico cos profesores, co
obxectivo de resolver dúbidas, concertar tutorías, etc.


C.- OBSERVACIÓN FINAL XENERAL


"O primeiro día de clases, os profesores explicarán e
resolverán dúbidas sobre estes criterios de avaliación".


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes