Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
 Asignaturas
  Camiños
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A27 A30 B1 B2 B3 B4 C1
Resolución de boletíns de exercicios individualizados dos temas vistos na materia.
35
Traballos tutelados A27 A28 A30 B8 B9 B10 B11 B14 B15 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B16 B17 B18 B19 C2 Resolución dos traballos expostos aos estudantes ao longo do curso. Poderían exporse varios traballos tutelados. 15
Proba obxectiva A27 A28 A30 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Probas de avaliación de contidos teóricos e prácticos realizadas ao final da materia. 40
Presentación oral A27 A28 B8 B10 B12 B13 B2 B3 B4 B5 B7 C3 C7 C8 Realización dunha breve presentación oral sobre algún aspecto das Smart Roads. Poderá ser en parellas. A temática específica definirase ao longo do curso. 10
 
Observacións avaliación

Para determinar a cualificación final da materia avaliaranse os seguintes elementos: 

- Solución de problemas: exporase ao longo do curso a resolución dun máximo de 3 boletíns de exercicios (sobre tráfico, sobre trazado e/ou sobre firmes). Os enunciados se particularizarán para cada estudante. A resolución será individual. As entrega será vía Moodle na data e forma que se indicará ao longo do curso. 

 - Traballos tutelados: exporase ao longo do curso a resolución dun máximo de 3 traballos tutelados (sobre elementos da sección transversal, sobre nós viarios e/ou sobre perdas de trazado, dinámicas e de orientación). A resolución será individual. As entrega será vía Moodle na data e forma que se indicará ao longo do curso. 

 - Presentación oral: exponse a realización, por parellas (ou excepcionalmente de forma individual) dunha breve presentación oral sobre algún aspecto das Smart Roads. A temática particular a escoller, indicarase ao longo do curso. Os detalles da presentación oral iranse definindo ao longo do curso. Para aqueles estudantes que estean matriculados a tempo parcial e/ou cuxa actividade profesional impídalles asistir de forma presencial a clase, esta presentación oral será substituída por un traballo sobre Smart Roads a definir durante o curso. Para optar á realización deste traballo, deberanse xustificar adecuadamente as causas. 

 - Proba obxectiva final: avaliación dos contidos teóricos e/ou prácticos. Realizarase na data fixada no calendario oficial. Para superar a materia será necesario obter unha cualificación mínima de 4,0 puntos de 10 na citada proba. Se non se obtén esta cualificación mínima, os demais elementos de avaliación non serán tidos en conta.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes