Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOLOXÍA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A9 B3 C3 C8 Asistencia obrigatoria.
Participación activa nas prácticas e Caderno de prácticas (15% da nota total)


15
Traballos tutelados A1 C3 C8 C9 Traballos escritos realizados polo alumno a partir dun tema recomendado polo profesor ou presentación de artigos científicos de forma individual ou en grupo. 10
Proba mixta A1 A9 B1 Exame escrito para valorar os contidos teóricos que consistirá en probas tipo ensaio e/ou obxectivas 75
 
Observacións avaliación
Sistemas de avaliación: Exame escrito da materia (75% da nota final). Traballos/presentacións (10%). Caderno de prácticas (15%). Sistemas de cualificación: Numérico desde o 0 ao 10, sendo 10 a máxima cualificación e 5 o aprobado. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable. Nos exames de Xullo manteranse as mesmas porcentaxes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes