Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA XERAL
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais MÓDULO ELECTROTERAPIA E ULTRASONOTERAPIA

Lectura de fundamentos físicos na electroterapia e ultrasonoterapia: ondas electromagnéticas e ondas mecánicas.
Sesión maxistral
Se iniciará con clases expositivas e interactivas para todo o grupo para adiantar materia e iniciar antes as prácticas. Se reservarán as seguintes clases interactivas por grupos para realizar a conxunción teórico-práctica e fomentar a participación do alumnado e a aprendizaxe significativa.
Proba práctica Como actividade presencial, se realizarán no laboratorio en grupos de 10 alumnos, en clases de 1,5 horas de duración, coa demostración e explicación previa da profesora.

É moi necesaria a práctica posterior por conta do alumnado para adquirir a destreza necesaria. Por esto, se requerirá a práctica non presencial para o que se recomienda a participación no programa de alumnado colaborador e poder así abrir os laboratorios fora dos horarios da clase.
Aprendizaxe colaborativa En grupos se realizará una síntese de documentos suministrados ou ben a resolución de preguntas/casos plantexados.

Se controlará a súa realización ao longo do curso.

Computará un máximo do 20% da nota, pero siempre que se tema alcanzado polo menos un 4,5 sobre 10 no exame práctico e 5/10 no teórico en cada cuatrimestre.
Proba mixta Realizarase un exame teórico e un práctico, que computarán respectivamente, ata o 50% e ata o 30% da nota final.

O exame teórico componse dunha ou varias preguntas de resposta aberta enfocadas ao razoamento, de extensión variable en función da dinámica da aprendizaxe do grupo. Ao longo do curso poderán terse feitos controis que só se corrixirán en caso de nota dubidosa, podendo contar positivamente.

Realizarase un exame práctico no que se formularán casos e o/a alumno/a que se examina deberá realizar unha aplicación fundamentando a súa elección e explicando cada parámetro. Dispoñerá dun tempo máximo de 10 minutos por caso. Valoraranse os seguintes parámetros: validez do argumento para a selección da técnica;adecuación do mobiliario e da posición correcta do paciente; aplicación correcta e parámetros pertinentes (tempo, intensidade...); rapidez na execución e ausencia de efectos negativos (belisco, caída dun utensilio ao chan, queimadura...). O mal uso dun material baixará a nota e poderá quedar automaticamente suspenso.

Só se sumará a nota da aprendizaxe colaboradora se se saca polo menos un 4,5/10 no exame práctico e polo menos un 5/10 no teórico.

A nota final da materia será a media entre os dous módulos, sempre e cando se superen ambos os dous (condición indispensable ter aprobados ambos os dous módulos para facer media) tendo en conta o aspecto anterior de que só se suma a avaliación continuada se se sacou polo menos un 4,5 no práctico e un 5 no teórico (sobre 10) en cada unha das partes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes