Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Metodoloxías de investigación orientadas á innovación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Realizarase unha avaliación inicial sobre os coñecementos que ten o alumnado acerca dos contidos relacionados coa materia para introducir o que se vai a impartir e facer na mesma.
Análise de fontes documentais Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para o análisis dos mesmos. Seleccionaranse diferentes artigos para coñecer a súa estutura e analizar cada unha das súas seccións en función da metodoloxía utilizada. Ademáis, servirá para completar a parte correspondente da metodoloxía de solución de problemas.
Sesión maxistral Expoñeranse os diferentes temas da materia explicando os contidos incluídos nos mesmos de modo que permita interactuar co estudantado e aclarar as dúbidas que teñan. Presentarase a bibliografía que permitirá profundar nos temas expostos.
Solución de problemas Para promover a participación activa do estudantado, plantexarase a elaboración dun dossier que partirá da definición dun problema, completando as distintas fases do proceso de investigación científica, considerando os contidos traballados na materia.
Obradoiro Para facer o proceso de ensino-aprendizaxe máis práctico en termos de análise cuantitativa de datos e información cualitativa, realizaranse obradoiros cos recursos informáticos necesarios.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes