Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Intervención psicopedagóxica nos trastornos do desenvolvemento
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A4 A5 A6 A7 A8 A14 B4 B10 Plantexaranse diversos casos relacionados cos trastornos do desenvolvemento para a súa avaliación e intervención psicopedagóxica. 10
Traballos tutelados A9 A11 B5 Ao longo do curso desenvolveranse diversos traballos nos que o alumnado deberá aplicar os coñecementos adquiridos. 20
Aprendizaxe colaborativa A12 A15 Analizarase e avaliarase a capacidade e interese na aprendizaxe conxunta e do traballo en grupo. 10
Análise de fontes documentais A3 A4 A10 A13 B12 De cara a facilitar o coñecemento e comprensión dos trastonos do desenvolvemento, analizaranse diversos artigos, manuais e documentos audiovisuais. 10
Proba mixta A3 A6 A9 A14 A16 Os contidos teóricos da materia serán avaliados mediante unha proba escrita con preguntas tipo test e preguntas abertas de resposta breve. 50
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A

Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 80%:

a) Elaboración e presentación de traballos (traballos tutelados, estudo de casos, aprendizaxe colaborativa, fontes documentais) (50%). Os traballos compilaranse nun dosier que será entregado para a súa avaliación na data indicada polo profesor.

b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (50%).

OPCIÓN B

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno do 28 de xuño do 2016):

Exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia (100%).

OBSERVACIÓNS ADICIONAIS:

1. Para superar a materia cómpre obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación.

2. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio. 

2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concurra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. 

Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docente, ou 

b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes