Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Tecnoloxías Dixitais nos Centros Educativos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B3 C3 En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A consideración y a resposta de todos los puntos do Guión do Portafolio.
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas educativas.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
20
Portafolios do alumno B6 Elaboración dun portafolio individual dixital en google site o nunha ferramenta web. 20
Prácticas a través de TIC B6 C3 C8 Prácticas entregadas no apartado de tarefas de moodle do uso das TIC. 30
Proba mixta B1 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 30
 
Observacións avaliación

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN:

Opción A.

Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:

   a) Elaboración e presentación dos traballos individuais e de pequeno grupo en moodle (40%).

   b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (30%).

   c) Portafolio dixital (30%).

Opción B.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a normativa.

Alumnado cunha asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:

   a) Elaboración e presentación dos traballos e portafolio dixital (50%).

   b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (50%). 

2. OBSERVACIONS ADICIONAIS:

1- Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados, portafolio dixital e proba de resposta múltiple).

2- O traballo tutelado presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentados e aprobados os traballos).

3- Se aconsella disponer de ordenador portátil ou tableta en todas as sesions aínda que se realizarán na aula multimedia.

4- As clases virtuais en Microsoft Teams e moodle.

Os traballos individuais ou grupales do alumnado deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación na convocatoria correspondente.  A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes