Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
 Asignaturas
  Complementos de formación para o ensino das ciencias II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A16 A18 C1 C4 C6 C7 C8 Examen final sobre os contidos da materia

Valorarase :

Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.

Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.

Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.

Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
40
Análise de fontes documentais A16 A18 C1 C6 C7 C8 Elaboración de traballos sobre contidos e metodoloxías aplicadas o ámbito científico
Valorarase :

Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.

Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.

Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.

Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.

Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.

Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
60
 
Observacións avaliación

A asistencia ás sesions presenciais é obrigatoria.

Na primeira oportunidade

-   Avaliaranse as actividades e traballos realizados durante o curso e proba escrita. A Cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10).

-   É requisito imprescindible unha asistencia mínima do 80% de asistencia ás sesións presenciais. No caso de non alcanzarse dito porcentaxe as actividades/traballos non serán avaliados e a cualificación será de non presentado.

Na segunda oportunidade

-   O alumnado que asistíu a lo menos ó 80% das sesiones deberá repetir as partes nón superadas (actividades/traballos e/ou proba escrita).

-   Os estudantes que non alcanzaran o porcentaxe de asistencia esixida ás sesións presenciais deberán presentar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ó longo do curso-

-   En calquera caso, a cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10).

 

Os estudantes con dispensa académica de exención de asistencia:

-   Deberán poñelo en coñecemento da profesora (aurora.grandal@udc.es) a primeira semana de clase.

-   Na primeira oportunidade, ademáis da proba escrita, terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ó longo do curso e entregalos nas datas que estableza o profesorado. A cualificación final será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba escrita, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10).

-   Na segunda oportunidade, deberán repetir ás partes non superadas (actividades/traballos e/ou proba escrita).


No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, aplicarase a normativa vixente na UDC


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes