Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais As actividades iniciais teñen unha dupla finalidade:
a) que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e das aprendizaxes construídas na materia.
b) A posta en común e resolución de dúbidas das cuestións formuladas sobre as temáticas previamente traballadas fora da aula e que forman parte da clase invertida.
Sesión maxistral A sesión maxistral utilízase para presentar unha boa parte dos temas que se abordan na materia. A sesión maxistral combínase coa clase invertida, deste xeito limítase o papel de transmisor de contidos do profesorado.
Análise de fontes documentais A análise das fontes documentais está vinculada o traballo tutelado. A súa finalidade é o deseño da programación e dunha unidade didáctica, principalmente a elaboración do apartado de fundamentación teórica e legal.
Presentación oral Consiste na difusión entre as persoas da clase do produto elaborado no traballo tutelado. Dispoñen de 20 minutos e na presentación presentación teñen que participar todas as persoas do grupo de traballo.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa está implícita no resto das metodoloxías que son realizadas en grupo.
Prácticas a través de TIC As practicas a través de TIC céntranse na busca e selección de información, na creación dun marcador social, na delimitación da súa contorna persoal de aprendizaxe e na construción de diferentes artefactos dixitais en distintos formatos que van ser incluidas no traballo tutelado ou/e no portafolio individual.
O marcador social e contorna persoal de aprendizaxe son compartidas co resto das materias do itinerario. Coas Prácticas a través das TIC preténdese que o alumnado adquira competencias dixitais docentes de diferentes áreas:
a) Información e alfabetización dixital (navegación, busca e filtraxe; avaliación da información, e almacenaxe e recuperación de información e contidos dixitais).
b) Comunicación e colaboración (compartir información e contidos, colaboración mediante vías dixitais, netiqueta e identidade dixital)
c) Creación de contidos dixitais (desenvolvemento de contidos dixitais (desenvolvemento e integracion e reelaboración de contidos dixitais)
d) Resolución de problemas (identificcación de necesidades e respostas , innovacion e uso da tecnoloxía dixital de xeito creativo e identificacion de lagoas na competencia dixital).
Traballos tutelados O traballo tutelado presenta as características e elementos da aprendizaxe basada en proxectos. O reto é o deseño dunha programación e dunha unidade didáctica. A análise documental, a aprendizaxe colaborativa, unha parte das prácticas a través das TIC e a presentación oral están integradas no traballo tutelado.
Solución de problemas Relacionados co elaboración de nóminas e con outras temáticas dos módulos da especilalidade. Constitúe unha fórmula para afondar nalgúns dos contidos dos módulos da especialidade.
Portafolios do alumno Consiste na elaboración dun informe de aprendizaxe no que o alumnado ten que dar conta das aprendizaxes e competencias adquiridas, da súa transferibilidade ó Practicum e ó TFM e das propias necesidades de formación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes