Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A19 A23 A24 A27 C1 C4 C6 C7 Os criterios de avaliación son :
- A amplitude das aprendizaxes
- Concreción e reflexión sobre as necesidades de formación
- A transferibilidade ó Practicum ( observación e deseño da praxe docente)
- Aportacións para a realización do TFM
25
Traballos tutelados A32 A27 A25 A24 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A10 A8 C1 C3 C4 C5 C6 C7 Consiste no deseño dunha programación e dunha unidade didáctica. Para a súa avaliación proporcionanse dúas rúbricas, nas que se detallan as dimensións a avaliar, os niveis de logro e os criterios de cualificación. As rúbricas entreganse coa proposta de traballo tutelado.
Tamén se avalia a participación e contribución de cada unha das persoas do grupo. A través dun proceso de coavaliación, e de xeito consensuado, asígnase a cada membro do grupo unha porcentaxe (de 0 a 100). A cualificación obtida por cada unha das persoas do grupo é o resultado de aplicar esta porcentaxe sobre a cualificción obtida na programación e na unidade didáctica.
50
Solución de problemas A16 Relacionados co elaboración de nóminas e con outras temáticas dos módulos da especilalidade. Constitúe unha fórmula para afondar nalgúns dos contidos máis prácticos dos módulos da especialidade. 5
Presentación oral C1 C3 A presentación vai ser avaliada polo resto dos compañeiros e compañeiras a partir dunha rúbrica. 10
Prácticas a través de TIC C3 Consiste na construción dun marcador social e da propia contorna de aprendizaxe. Os criterios de avaliación para o marcador son o número de recursos armacenados, o seu nivel de descrición e valoración e o sistema de categorías e subcategorías utilizadas para a súa almacenaxe. Para a contorna persoal de aprendizaxe terase en conta o número de ámbitos, recursos e ferramentas incorporados e a análise e valoración realizada polo alumnado sobre a súa contorna persoal de aprendizaxe. O resto de prácticas TIC forman parte e serán cualificadas como parte do traballo tutelado. 10
 
Observacións avaliación

PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA AVALIACIÓN

Unha das premisas é que  o alumnado participe na avaliación, consensuando os criterios de cualificación  e sendo axente de avaliación  a través de procedementos de auto e coavaliación. Por esta razón,  os criterios de cualificación poden ser modificados. 


COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO 
 
A competencia lingüística en galego tamén vai ser obxecto de  avaliación na presentación oral e nas actividades  escritas grupais e individuais.  O seu peso na cualificación final pode chegar até  0,5 puntos. 

ASISTENCIA
  A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar  e entregar  as actividades realizadas na aula (só aplicable ó alumnado cun 15% de ausencias) . 
 
 As persoas con matrícula a tempo parcial  e dispensa académica  poden ter unha ausencia superior ó  15%. Neste caso teñen dereito  a unha modalidade de avaliación específica que contempla  a supervisión  e titorización individualizada. En todo caso,  teñen que realizar as mesmas  tarefas que  o resto do alumnado. 

O   alumnado  sen matrícula a tempo parcial e dispensa académica que non cumpra co requisito  de  asistencia  ó  85% das horas da materia terá que realizar un exame  teórico-práctico. 


REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA 
 A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas distintas   actividades  que computan na cualificación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación  no traballo tutelado  e no portafolio. Na avaliación da  segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades  non superadas.


É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. 

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse no texto e no apartado  de referencias bibliográficas,  utilizando as normas APA 6º edición. 

Plaxio

O plaxio  será motivo de suspenso. Así o establece o  artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC

- https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
- http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes