Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Contidos complementarios para o ensino das literaturas galega e castelá
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Formando parte do seu traballo autónomo, os/as estudantes deberán ler os textos proporcionados ao longo do curso. Estas lecturas serán obxecto de análise tanto nas sesións de obradoiro coma na proba mixta.
Obradoiro Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos, etc. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente polas profesoras.
Proba mixta Ao final de curso, na data oficial, as/os estudantes deberán realizar unha proba mixta de carácter teórico-práctico.
Traballos tutelados As profesoras propoñerán na segunda sesión uns temas de traballo, relacionados con algún aspecto da materia, para seren desenvolvidos individualmente nun traballo escrito que deberá ser entregado na data marcada a principios de curso. Neste traballo o alumnado deberá aplicar os coñecementos adquiridos ao longo das sesións da materia.
Valorarase fundamentalmente a capacidade de reflexión e a orixinalidade das achegas, o rigor no tratamento do tema escollido, así como a clareza expositiva e expresiva.
Actividades iniciais Na primeira sesión do curso levaranse a cabo distintas actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar convenientemente a docencia da materia.
Sesión maxistral Exposición e explicación de contidos e reflexións para propiciar o posterior traballo autónomo do alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes