Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Bases epistemolóxicas para o ensino das linguas e literaturas galega e castelá
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A16 A17 A21 A18 A19 C1 C4 C5 C6 C8 A través dunha actividade teórica, ou práctica, o alumnado deberá mostrar o seu grao de asimilación das nocións e dos recursos que se lles presentaron, así como do seu aproveitamento didáctico. 40
Obradoiro A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O alumnado deberá asistir e participar activamente nos distintos obradoiros que os docentes proporán no marco da materia. 20
Traballos tutelados A16 A17 A21 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización dun traballo tutelado que poderá ser realizado individualmente ou en grupo. 40
 
Observacións avaliación

-Para aprobar a materia será necesario superar todas as partes, en calquera das dúas oportunidades, polo que será necesario obter no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Na segunda oportunidade o alumnado só repetirá as partes suspensas e manterá a nota daquelas que fosen superadas.

-A avaliación do alumnado que non asiste regularmente ás aulas (ben por recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, ben por ausentarse en máis dun 20% no caso do alumnado que carece de exención) será feita na súa totalidade con base na proba de ensaio tanto na primeira como na segunda oportunidade,e ademais poderá ser diferente á que se propoña para a modalidade en que esta é só unha parte. 

Os traballos entregaranse telematicamente a través dunha Tarefa creada para tal fin no Moodle da materia.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes