Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
 Asignaturas
  Pedagoxía. socioloxía e psicoloxía das artes plásticas e visuais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A3 Seguimento do traballo diario 70
Aprendizaxe servizo A10 C4 Avaliarase a calidade do servizo realizado así como as aprendizaxes desenvolvidas durante o proceso, a través do diario de campo que cada grupo deberá realizar de cada unha das derivas / saídas de campo, e dun breve informe de autoavaliación final.

O servizo será avaliado polo profesorado implicado e por parte da entidade colaboradora (ASF), no que respecta a:

- Información recollida na cartografía social.

- Imaxes do dereito ao hábitat seleccionadas.

- Textos elaborados para cada imaxe.
30
 
Observacións avaliación

Entendendo o proceso creativo como unha secuencia ligada o tempo, non se pode entender a avaliación como un proceso simplemente cuantitativo, senon como un punto de chegada a un determinado estadio que implica unha relación entre o alumnado e o profesorado diferente da tradicional. A capacidade de reflexión e autocrítica debe indicarnos máis que unha simple avaliación clásica.

Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e de non ser posíbe,
non utilizar plásticos, elixir a impresión a dupla cara, empregar papel
reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel
dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio
natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais
e profesionais.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes