Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Teoría da educación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Teoría da educación Código 652G01001
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Barba Núñez, María
Correo electrónico
maria.barba@udc.es
Profesorado
Barba Núñez, María
Correo electrónico
maria.barba@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Teoría da Educación pretende contribuír a preparar ás futuras mestras e mestres de Educación Infantil para ser profesionais críticas, para poder reflexionar sobre a súa práctica e as razóns últimas da súa actuación, así como para ser capaces de interpretar con criterio sólido as tendencias educativas actuais en relación ao contexto político, histórico e social no que se sitúan. Permite así ás alumnas e alumnos achegarse ao concepto de educación, as funcións sociais da escola, ou as grandes dimensións, fins e principios dos procesos educativos. Afonda asemade na análise dos dereitos da infancia, os movementos pedagóxicos contemporáneos e o estudo de innumerables correntes e teorías educativas que, dende unha perspectiva crítica e teórico-práctica, contribúen a ofrecer unha alternativa innovadora ao modelo escolar tradicional, apostando por outros xeitos de facer e pensar a educación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral, a través de vídeo. - Actividades iniciais, a través de Moodle. - Análise e fontes documentais. - Recensión bibliográfica. - Estudo de casos. - Presentación oral, a través de Teams. - Traballos tutelados. - Portafolio virtual. - Discusión dirixida - Eventos científicos e divulgativos *Metodoloxías docentes que se modifican - As actividades iniciais realízanse a través de tarefas no Moodle. - A presentación oral do traballo pasa a realizarse a través de Teams. - A participación en eventos científicos e divulgativos dependerá da oferta existente. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moodle: Permanentemente actualizado. Cámbiase a estrutura por temas por unha estrutura por semanas, para facilitar ao alumnado a comprensión das tarefas asociadas a cada semana. Cólgase cada semana o vídeo referido á sesión expositiva. É necesaria a súa consulta, dado que é a ferramenta que ofrece con claridade a visualización dos contidos abordados e tarefas asociadas. Teams: Convértese na nova aula para as interactivas. As sesións interactivas danse a través dos “Equipos” creados para cada un dos grupos de interactivas. Semanalmente, no horario de interactivas, faise unha chamada grupal dirixida a clarificar dúbidas sobre o “vídeo-presentación” desa semana e a explicar a dinámica de traballo da interactiva. Créanse “Grupos de Chat” para cada un dos grupos de aprendizaxe colaborativa (GAC). Semanalmente, no horario de interactivas, son o espazo de traballo dos GAC, dende o que desenvolven as tarefas en grupo, a través de documentos colaborativos y chamadas grupais. Durante o horario das interactivas, a docente fai o seguimento dos documentos colaborativos e, con elo, do traballo que vai realizando cada grupo. Emprégase o Chat individual co alumnado, segundo o soliciten, para facer titorías individuais.. Correo electrónico: Diariamente. Como vía de comunicación co alumnado, especialmente na clarificación de dúbidas que poidan xurdir. Se lle pide ao alumnado que traslade a través deste medio calquera dificultade que teñan respecto ao seguimento da materia, para valorar e artellar as adaptacións precisas. 4. Modificacións na avaliación A única modificación na avaliación é a referida á proba de ensaio. Mantéñense as condicións da súa elaboración pero de forma non presencial. A proba realízase na data do exame, contando con todo o día para a súa realización. A proba estará habilitada no Moodle dende as 9:00 ás 23:55. No horario do exame a profesora estará dispoñible para consultas que precisedes facer (non sobre o contido en si mesmo, pero si sobre a proba). O resto dos elementos de avaliación non sofren modificacións. *Observacións de avaliación: Mantéñense as condicións anteriores. Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas e cada unha das actividades de avaliación. En caso contrario, a cualificación será de suspenso. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual. Para o alumnado con modalidade non presencial mantéñense as condicións anteriores: Portafolio (60%) e proba de ensaio (40%). Deberá ter unha titoría coa docente para acordar as condicións de elaboración de portafolio de forma individual. No caso de alumnado con necesidades específicas, acórdase coa persoa e coa ADI a metodoloxía docente e de avaliación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes