Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da lingua galega
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Didáctica da lingua galega Código 652G01015
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Correo electrónico
montserrat.muriano@udc.es
Profesorado
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Correo electrónico
montserrat.muriano@udc.es
Web http://http://ensinardeleitando.blogspot.com/
Descrición xeral O obxectivo da materia é proporcionar un marco teórico e metodolóxico para o traballo da lingua galega na aula. Trátase, en primeiro lugar, de facer consciente o alumnado do carácter transversal do ensino lingüístico e da responsabilidade das mestras e mestres como modelos de lingua. Incidirase, neste sentido, na importancia de adquirir unha competencia lingüística e comunicativa en lingua galega óptima por parte do profesorado de Educación Infantil, así como a súa formación e reciclaxe constante; así mesmo, presentaranse os recursos para acadar dita competencia profesional. Estudaranse, de modo xeral, os condicionamentos do ensino en contextos de contacto lingüístico e, máis especificamente, as características do caso galego. Esta análise servirá para fundamentar as estratexias que se poñan en práctica na aula de Educación Infantil para o ensino-aprendizaxe da lingua. A materia introducirá cuestións curriculares que atinxen a todo o bloque de Linguaxe Verbal e tentará familiarizar as alumnas e alumnos coa programación didáctica neste ámbito. Afondarase en particular no traballo para o desenvolvemento das habilidades lingüísticas orais, a través de prácticas como o conto contado, os xogos de lingua ou a asemblea.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen -Actividades iniciais -Sesión maxistral -Lecturas -Presentación oral -Obradoiro (computa na avaliación) -Portafolios do alumnado (computa na avaliación e require atención personalizada) -Atención personalizada Todas as metodoloxías deseñadas para esta materia poden seguir tendo un seguemento axeitado se a modalidade docente é "non presencial"; se ben se introducen variacións na metodoloxía aprendizaxe servizo, que se sinalan a continuación. *Metodoloxías docentes que se modifican -Aprendizaxe servizo manterase o modelo inicial desta metodoloxía; non obstante, substituirase a aplicación nunha aula de Educación Infantil por unha presentación do deseño da proposta, realizada polo grupo, a través da aplicación Teams. Así mesmo, manterase a reflexión por escrito sobre como se desenvolveu dita aprendizaxe servizo, adecuando dita reflexión ás novas circunstancias de non presencialidade. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado –Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais resolución de dúbidas e facer o seguimento da materia. –Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Crearanse “foros temáticos" asociados aos distintos módulos da materia, para formular as consultas necesarias. E comunicarase calquera incidencia no desenvolvemento da materia a través do foro xeral desta. –Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos, traballos tutelado ou a proposta de aprendizaxe servizo na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou máis segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (até 9 persoas), para o seguimento e apoio na realización da proposta de "aprendizaxe servizo", así como os distintos "obradoiros" programados, que se desenvolverán a través de Teams ou mediante a creación de distintas tarefas en Moodle que deberán ser resoltas polo alumnado en tempo e forma para ser avaliadas pola docente. Por outra banda, o chat do equipo da materia creado en Teams servirá tamén para a resolución de dúbidas e a comunicación fluida da docente co alumnado e do alumnado entre el, respectando sempre as opinións das outras persoas e fomentando o diálogo e o bo entendemento entre todos. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación A avaliación manterase tal e como figura no apartado correspondente; non obstante, incorpóranse as seguintes observacións. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo presenciais até o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: a) Obradoiro con asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80% (10%) b) Elaboración e presentación da proposta de aprendizaxe servizo (50%). c) Portafolios do alumnado (40%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): a) A proba de ensaio extensa será substituída por un traballo tutelado que suporá o 80% da avaliación así como unha proba oral que suporá o 20% restante e que se realizará a través de Teams. 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación. 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados ou a proposta de aprendizaxe servizo na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios, dado que o alumnado dispón de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle e se lles facilitará tamén acceso aos recursos de información que pon á nosa disposición a biblioteca universitaria, como os libros electrónicos (UNEbook, eLibro etc.): https://www.udc.es/es/biblioteca/recursos_informacion/libros_electronicos/
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes