Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Literatura infantil e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A4 A6 A13 A23 A28 A29 A37 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A49 A50 A51 A54 A55 A57 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B11 B12 B15 B16 B17 B19 B20 B22 B24 B25 C1 C3 C4 C7 C8 Traballo en grupo destinado á súa presentación oral na aula. A tarefa poderá consistir nun proxecto de investigación sobre algún dos contidos do programa, no deseño dunha proposta didáctica ou na valoración crítica dunha experiencia relacionada coa literatura infantil. Terase en conta a capacidade para seleccionar fontes bibliográficas de calidade, contrastar información e elaborar un discurso sintético, claro e correcto do punto de vista expresivo. Dependendo do tipo de traballo por que se opte, valorarase tamén a orixinalidade na escolla do tema e a creatividade no desenvolvemento da proposta. 50
Proba de ensaio A1 A4 A6 A13 A23 A28 A37 A42 A44 A45 A46 A47 A50 A51 A54 A55 A57 B3 B10 B11 B12 B17 B19 B20 B22 B24 C1 C4 Proba consistente en preguntas de certa amplitude, en que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico, así como a claridade expositiva e a corrección expresiva. 50
 
Observacións avaliación

Estabelécense dúas modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que formen grupo (constituído por un mínimo de catro persoas) e asistan regularmente ás clases:

  • unha tarefa colaborativa: o traballo tutelado (50% da cualificación);
  • unha tarefa individual: unha proba de ensaio breve (50% da cualificación).

Para superar a materia é preciso ter aprobadas todas as probas. As persoas que concorran á oportunidade de xullo só repetirán a parte
suspensa.

O traballo colaborativo é fundamental nesta modalidade de avaliación, polo que se realizará un seguimento da asistencia do alumnado ás sesións interactivas.

2. Para as persoas que non formen grupo ou non asistan regularmente ás clases:

  • unha única tarefa individual: unha proba de ensaio extensa (100% da cualificación).

As actividades optativas propostas ao longo do curso poderán supor un incremento na cualificación final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes