Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Literatura infantil e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A57 A55 A54 A51 A50 A49 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A40 A37 A28 A23 A13 A6 A4 A1 B1 B3 B4 B10 B11 B12 B19 C1 C4 Proba consistente nunha síntese e reflexión persoal sobre os coñecementos adquiridos ao longo da materia. 40
Traballos tutelados A63 A57 A54 A51 A50 A49 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A40 A37 A29 A28 A13 A6 A4 B25 B24 B22 B20 B19 B17 B16 B15 B12 B11 B10 B7 B6 B5 B3 C1 C3 C4 C7 C8 Traballo en grupo. 50
Presentación oral A23 A29 A44 A50 A51 B3 B5 B7 B10 B11 B12 B17 B19 C1 C3 Exposición oral do traballo tutelado e debate co grupo-aula. 10
 
Observacións avaliación

Modalidades de avaliación

Estabelécense tres modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que formen grupo (constituído por un mínimo de
catro persoas) e asistan regularmente ás aulas:


  • Un traballo tutelado en grupo (50% da cualificación).
    Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 para poder
    realizar a media co resto das cualificacións.

  • A exposición oral do traballo, tamén en grupo (10% da
    cualificación).

  • Unha tarefa de reflexión individual (40% da
    cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10
    para poder realizar a media co resto das cualificacións.

As probas non superadas deben repetirse na oportunidade de xullo,
baixo as mesmas condicións que rexen na oportunidade de xaneiro.

Para esta modalidade de avaliación é requisito imprescindíbel a
asistencia regular ás aulas, para a que se fixa un mínimo do 80% sobre o conxunto
das sesións, incluídas as saídas de campo e os eventos científicos e
divulgativos. Ademais, será necesario realizar todas as actividades propostas
ao longo do curso, tanto para levar a cabo en grupo como individualmente. 

Ao longo do curso poderase propor algunha actividade opcional, que
suporá un pequeno incremento na nota final.

2. Para o alumnado con dispensa académica:


  • Un traballo tutelado individual (60% da cualificación).
    Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 para poder realizar
    a media coa outra proba.

  • Unha tarefa de reflexión individual (40% da
    cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10
    para poder realizar a media coa outra proba.

Para optar a esta modalidade de avaliación, o alumnado deberá pórse
en contacto coa docente nun prazo non superior a 7 días desde que lle sexa
concedido o recoñecemento de dispensa. Así mesmo, será necesario que realice
todas as actividades propostas ao longo do curso.

As probas non superadas deben repetirse na oportunidade de xullo,
baixo as mesmas condicións que rexen na oportunidade de xaneiro.

3. Para as persoas que non cumpran as condicións anteriores:


  • Unha única tarefa individual: unha proba mixta (100% da
    cualificación). 

Para superar esta proba é necesario obter unha cualificación
mínima de 5 puntos sobre 10. De non se superar, debe repetirse na oportunidade
de xullo, baixo as mesmas condicións que rexen na oportunidade de xaneiro.

Entrega dos traballos

Os traballos entregaranse en formato dixital a través do Campus
Virtual.

Realización fraudulenta das probas



































A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: a persoa será cualificada con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes