Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Literatura infantil e a súa didáctica
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Didáctica da lingua galega/652G01015
Didáctica da lingua castelán/652G01018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Didáctica da dramatización e do teatro infantil/652G01042

Observacións

Para cursar a materia non existen prerrequisitos legais, mais pola lóxica na progresión dos contidos dentro da titulación, recoméndase ter cursado antes as materias Didáctica da Lingua Galega e Didáctica da Lingua Castelá. A materia optativa Didáctica do Teatro e a Dramatización Infantil supón unha continuación dun dos contidos abordados dentro do temario. Para a superación desta materia é necesario posuír un dominio profesional das habilidades lingüísticas orais e escritas nas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma. É aconsellábel, ademais, coñecer a terminoloxía e os conceptos básicos da análise literaria.

Nesta materia traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, homófobas, racistas etc., ou calquera situación discriminatoria, e proporanse accións e medidas para as corrixir e fomentar valores de respecto e igualdade. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes