Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Matemáticas e xogo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Activdades de introdución e motivación, baseadas en xogos colaborativos e apoiadas en recursos dixitais.
Análise de fontes documentais Revisión guiada de distintas fontes e recursos para a análise e recensión colaborativa de teorías sobre o xogo.
Aprendizaxe colaborativa Realización colaborativa de traballos tutelados: investigación, lectura guiada, deseño de xogos, proposta didáctica, elaboración de recursos como soporte de xogos, elaboración de dinámicas matemáticas/emocións e elaboración de presentacións multimedia dos resultados.
Lecturas Lectura guíada e colaborativa do texto Intelixencia emocional, de Daniel Goleman.
Portafolios do alumno Elaboración en equipos dun portafolio dixital no que se organizarán os procesos e resultados de aprendizaxe, así como as distintas avaliacións (heteroevaluación e avaliación entre pares) e reflexións sobre a materia.
Proba mixta Proba escrita teórico-práctica na que se dará especial importancia á aplicación e á reflexión sobre os contidos da materia.
Presentación oral Presentacións en equipo dos distintos traballos tutelados, co apoio de recursos multimedia. Para a presentación dos recursos creados elaborarase un vídeo que documente o proceso.
Sesión maxistral Exposición dos distintos temas na que se presentará a información necesaria así como a orientación para a comprensión dos temas tratados e o posterior desenvolvemento das actividades planificadas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes