Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario A introdución dos temas, o plantexamento de propostas actuais e contemporáneas acerca do coñcemento deste intervalo de edade supón a finalidade de crear contextos de aprendizaxe e posibilitar construcción de coñecementos en cada módulo de aprendizaxe así como na tarefa de inicializar o coñecemento de contidos e estimular a súa búsqueda e indagación así como a función dos mesmos para o futuro mestre/a
Actividades iniciais Actividades que se levarán a cabo no inicio do proceso de ensino-aprendizaxe a fin de establecer as competencias, intereses e/ou motivacións iniciais que posúe o alumnado así como a explicación da finalidade que pretendemos coa asignatura e o seu lugar no proceso de ensinar e aprender. Así mesmo, pretenderemos estimular o coñcemento e actividade co obxeto de que participen na búsqueda e construcción de coñecemento novo.
Aprendizaxe colaborativa Trátase de xerar actividades de interacción entre o alumnado que supoñan por en funcionamento tanto a capacidade de aprender socialmente como o de crear novos esquemas de coñecemento social na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas relativas a cada tema asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela do profesor en escenarios alleos ao da aula. Trátase de identificar, analizar e estudar as características evolutivas do alumnado de primaria a través da observación, de autoinformes e de estudos co obxeto a poder comprender como actúan, como pensan e como se desenvolven do xeito mais real posible.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación sumativa da aprendizaxe dos contidos teóricos e prácticos. Será realizada en función de preguntas tipo con duas respostas posible: verdadeiro-falso. Será realizada ao remate do período formal computándose os error.
Análise de fontes documentais Metodoloxía na que terá que elaborar informes temáticos acerca de demandas concretas cos centros de interés na asignatura a partir da observación de alumnado de educación primaria. Todo isto farase indagando e buscando información así como realizando pequenas incursións na bibliografía e fontes documentais a través dun proceso de investigación en pequenos grupos de traballo.
Proba de ensaio Proba escrita onde realizares unha síntese individual dos coñecementos realizados ao longo do ciclo formativo. Sobre un suposto inicial tratarase de desenvolver un traballo creativo e cognitivo que implique relacionar todo o contido ao longo desta temporalización. Para elo contarase con tódolo material compilado ao longo deste tempo para consultar, relacionar, compilar...
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes