Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua castelá e a súa didáctica
   Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. O currículo de Lingua Castelá e Literatura na etapa de Educación Primaria 1. 1. Conceptos fundamentais
1. 1. 1. O currículo como resposta ás grandes preguntas do proceso educativo: que, cando e como ensinar e avaliar
1. 1. 2. O currículo como proceso-en-desenvolvemento: o seu carácter aberto e flexible
1. 1. 3. Os niveis de concreción curricular no sistema educativo español: nivel político, nivel de centro e nivel de aula

1. 2. A materia de Lingua Castelá e Literatura no marco normativo en vigor
1. 2. 1. O desenvolvemento da habilidade para comunicarse, fin superior da nosa área de coñecemento
1. 2. 1. 1. A competencia comunicativa e os seus compoñentes (segundo o modelo de M. Canale e M. Swain)
1. 2. 1. 2. A adaptación do enfoque comunicativo ao ensino das linguas «nativas»: causas e consecuencias
1. 2. 2. Visión de conxunto da organización do currículo básico da materia: bloques de contido, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe...

1. 3. Implicacións curriculares da diversidade lingüístico-cultural nas nosas aulas
1. 3. 1. Dificultades para a aprendizaxe do castelán no alumnado con lingua de instalación distinta do galego e o castelán
1. 3. 2. Adaptacións do currículo para estudantes alófonos: visión de conxunto
Tema 2. As habilidades lingüísticas 2. 1. O proceso comunicativo: participantes e escenarios

2. 2. A oralidade
2. 2. 1. Caracteres xerais da comunicación oral
2. 2. 2. Notas de didáctica da oralidade: como traballar a produción e a comprensión de textos orais

2. 3. A escritura
2. 3. 1. Caracteres xerais da comunicación escrita
2. 3. 2. Notas de didáctica da escritura: como traballar a produción e a comprensión de textos escritos
2. 3. 2. 1. O problema da expresión escrita: que é escribir ben?, como se aprende?
2. 3. 2. 2. O problema da competencia lectora: cómo formar lectores «omnívoros», comprensivos e críticos
Tema 3. A lectoescritura 3. 1. Notas breves sobre a historia e a estrutura dos sistemas de escritura
3. 1. 1. Historia: cando, onde e para que comezou a Humanidade a escribir?
3. 1. 2. Estrutura: sistemas logográficos, silabográficos e alfabéticos (ou fonemográficos)

3. 2. Ensinar a ler e escribir aos usuarios dun sistema alfabético
3. 2. 1. Os métodos sintéticos, analíticos e mixtos
3. 2. 2. O enfoque construtivista
Tema 4. A ortoloxía, a ortografía e o seu ensino 4. 1. Conceptos fundamentais: breve introdución á análise fonolóxica
4. 1. 1. Os segmentos: sílabas, vogais e consoantes
4. 1. 2. Os trazos suprasegmentais: o acento e a entoación

4. 2. A ortoloxía
4. 2. 1. En que consiste?
4. 2. 2. Que lugar debe ocupar nas nosas aulas?

4. 3. A ortografía
4. 3. 1. En que consiste?
4. 3. 2. Que lugar debe ocupar nas nosas aulas?
4. 3. 3. Como debemos ensinala? O papel das regras
Tema 5. A gramática e o seu ensino 5. 1. Distincións preliminares
5. 1. 1. A gramática-obxecto (gramática como aspecto da linguaxe)
5. 1. 2. A gramática-descrición (gramática como metalinguaxe)

5. 2. Os dominios da gramática
5. 2. 1. As súas relacións co estudo do vocabulario
5. 2. 2. A súa articulación interna: a distinción entre morfoloxía e sintaxe

5. 3. Orientacións para o ensino da gramática en Educación Primaria
5. 3. 1. É necesario ensinar a gramática-obxecto?
5. 3. 2. Como e por que debemos ensinar a gramática-descrición?

Tema 6. O léxico e o seu ensino 6. 1. Unha ollada á estruturación do vocabulario: campos semánticos e relacións léxicas

6. 2. Orientacións para o ensino do léxico en Educación Primaria
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes