Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Didáctica da expresión musical
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Valoración dos coñecementos previos do alumnado.
Traballos tutelados Realización dunha actividade didáctica que —fundamentada na revisión de documentos, bases de datos, páxinas web ou medios audiovisuais— desenvolverase mediante manifestacións escénicas, baseadas principalmente no movemento corporal asociado á música.
Estas propostas poderán contar cos seguintes recursos:
1. Interpretación ou creación de coreografías.
2. Musicalización de textos, dramatización musical e creación de xogos musicais.
3. Interpretación de pezas vocais, instrumentais e mixtas.
4. Emprego de playback, audiovisuais, musicogramas dinámicos, etc.
Investigación (Proxecto de investigación) Indicarase un traballo de investigación relacionado coa materia. As orientacións do profesorado servirán de guía ao alumnado no proceso de realización. Indicaranse lecturas obrigatorias e recomendadas.
Obradoiro Actividades individuais e colectivas que abranguerán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica:
1. Interpretación vocal.
2. Interpretación instrumental.
3. Práctica auditiva
4. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e ensino musical.
Proba mixta Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na realización de exercicios prácticos relacionados co temario oficial. A segunda consistirá na execución (vocal e instrumental) dunha ou varias pezas do repertorio establecido.
Prácticas a través de TIC Transcrición dos exercicios auditivos e compositivos aos formatos dixitais adecuados, segundo a súa natureza. Estes arquivos serán compartidos e entregados para a súa avaliación mediante as plataformas informáticas que se establezan.
Sesión maxistral Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/ás.
Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes