Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Xogos motores
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xogos motores Código 652G02025
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
lara.varela@udc.es
Profesorado
Gonçalves López, María Paz
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
paz.goncalves@udc.es
lara.varela@udc.es
Web
Descrición xeral Dentro do perfil formativo do Grao en Educación Primaria contémplase esta materia (Xogos Motores) que completa a formación do futuro docente cara a un traballo no ámbito do xogo que permita dar resposta ás demandas sociais existentes. Consideramos esta materia de gran interese dentro da formación do futuro Graduado en Educación Primaria xa que a achega principal da mesma permitiralle descubrir, por unha banda, que o xogo é un contido con grandes potencialidades didácticas e, por outro, supón un medio didáctico de gran relevancia na súa formación, que lle permitirá empregalo no futuro para o traballo do resto de bloques de contidos. Os coñecementos achegados por Xogos Motores pretenden estudar, explorar, descubrir e vivenciar todas aquelas manifestacións lúdicas dentro dunha formulación global, para dotar ao futuro Graduado en Educación Primaria non só de vivencias senón tamén de estratexias e formas de ensinar teórico-prácticas. Xogos Motores atópase dentro do plan de estudos de Grao en Educación Primaria no grupo de materias optativas, cunha duración de 4,5 créditos. A descrición do seu contido, reflectido no Plan de Estudos, indica os seguintes descriptores: marco conceptual do xogo; fundamentos teóricos do xogo motor; a evolución do xogo na etapa de Educación Primaria; o xogo como contido e como recurso metodolóxico; deseño de propostas de aprendizaxe a través do xogo motor; materiais didácticos para o xogo e propostas prácticas para a educación a través do xogo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Traballos tutelados. - Sesión maxistral. - Aprendizaxe colaborativa. - Probas de resposta breve. - Presentación oral. *Metodoloxías docentes que se modifican "Práctica de actividade física", "Simulación" e "Actividades iniciais" (non se realizarán e o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías se incorpora ás metodoloxías “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta breve” e "Aprendizaxe colaborativa"). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Mantense a actividade prevista para a atención personalizada, que se realizará a través das seguintes canles, tendo o alumno a posibilidade de seleccionar cales deles quere empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle. 4. Modificacións na avaliación Non se realizarán cambios. *Observacións de avaliación: Non se realizarán cambios. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios, porque a posibilidade de ampliar a bibliografía está sinalado na guía orixinal.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes