Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Educación de menores en desprotección e conflito social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A5 A8 A9 A14 A16 A20 B2 Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introdutorio que conterá a parte máis significativa do roceso aprendizaxe realizadas polo alumnado ao longo do semestre, e que será concretado ó final de cada núcleo temático. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos. 20
Estudo de casos A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 B2 B3 B4 C4 Tendo como referencia a bibliografía e as actividades desenvolvidas na aula, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, deseñarase en grupo, un proxecto educativo individualizado ou grupal que, desde a pedagoxía crítica, sitúe no seu núcleo a educación de menores en desprotección e conflito social.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademais de ser incluído no Portafolios, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo e sometelo a debate e valoración.
7
Proba mixta A2 A3 A5 A8 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe ao remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións formuladas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. 70
Presentación oral B3 B2
Presentación dun proxecto de acción socieducativa, tendo como grupo destinatario rapazas e rapaces en desprotección social.
3
 
Observacións avaliación














Criterios de avaliación.

Comprensión das ideas básicas,  dominio
conceptual, uso de diferentes fontes de información na elaboración das
respostas, rigurosidade, profundidade e coherencia, orixinalidade e pertinencia
das relacións, argumentación/fundamentación.

Estilo lingüístico: claridade, corrección lingüística, síntese, e orde na estrutura e na
presentación oral/escrita.

Opcións
en función do grao de asistencia.

OPCIÓN A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (asistencia superior ó 80%):

a) Elaboración dun portafol grupal no que se recollerána unha
selección das propostas relacionadas coa lectura e análise de materias
diversos, as notas relativas ós grupos de discusión e as sesións
maxistrais (20%).

b) Deseño e Presentación oral dun Proxecto coeducativo que será exposto na aula (10%).

c) Exame sen material sobre os contidos da materia (70%).

OPCIÓN B. Para o alumnado que non asiste/participa das actividades de aula (asistencia inferior ó 80%):



a) Exame: Proba mixta sobre os contidos da materia (80%). No mesmo exame
se formulará unha pregunta referida a unha obra de lectura que será
notificada en Moodle no mes de marzo (20%).

Na impresión dos traballos e a súa encuadernación teránse en conta criterios de sostenibilidade.


En calquera das dúas opcións é preciso contestar, cando menos
parcialmente, a tódalas cuestións formuladas (en caso contrario a
cualificación será de Suspenso), e obter unha avaliación favorable en
cada unha das partes da materia. No caso de non ser así, a cualificación
en Actas será a da parte suspensa en base 10.

O alumnado con
recoñecemento oficial de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia, deberá acudir a titorías para fixar as sesións interactivas e
expositivas nas que poderá estar presente co fin de determinar os
traballos sustitutorios, se fose o caso. Nesta titoría será informado do
procedemento de avaliación que será o que resulte máis a2caído en
función da súa presencia/ausencia nas sesións interactivas."

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes