Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas Código 652G03039
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Profesorado
Losada Puente, Luisa
Pérez Crego, María Cristina
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
cristina.pcrego@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/course/view.php?id=52416
Descrición xeral A análise da realidade (variables, necesidades, recursos, procesos de interacción e contextos), así como a súa valoración, son elementos esenciais para o diagnóstico socioeducativo que deben realizar os/as educadores/as sociais como paso previo á toma de decisións de intervención socioeducativa nos diversos contextos nos que poida desenvolver a súa actuación profesional (eido educativo, familiar, laboral e sociocomunitario). A través da materia "Avaliación e Diagnóstico das Necesidades Socioeducativas" abórdanse os procesos de avaliación e diagnóstico desde a perspectiva da prevención e/ou detección das necesidades socioeducativas. Así, tendo en conta que unha das principais funcións do/a educador/a social é a posta en marcha de intervencións de carácter socioeducativo orientadas a garantir a plena participación da diversidade de individuos que compoñen a nosa sociedade, previamente precísase que este/a profesional dispoña dos fundamentos conceptuais, os procedementos metodolóxicos, as técnicas e os instrumentos que lle permitan analizar a realidade social, indagar sobre os suxeitos e os grupos en situacións socioeducativas complexas, estimar o xeito en que se desenvolverán as actuacións profesionais e tomar decisións orientadas á intervención. Con esta materia preténdese ofrecer una base teórico-práctica do diagnóstico en diferentes contextos da actividade do/da profesional da Educación Social: familia, grupo de iguais, barrio e comunidade, e empregando una ampla variedade de técnicas e instrumentos de recollida de datos. Trátase de dar relevancia á figura do/da educador/a social como realizador/a e interactuante no diagnóstico das necesidades socioeducativas, comprendendo caáles son as súas competencias para lograr una actuación adecuada neste eido.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: análise de fontes documentais, estudo de casos, portafolio do alumnado, sesión maxistral, proba mixta. *Metodoloxías docentes que se modifican: - Obradoiro: as actividades integradas dentro desta metodoloxía, tales como as discusións, debates e simulacros levaranse a cabo na modalidade virtual, sempre que sexa posible. No tocante á participación de profesionais da educación social, atenderase á posibilidade das persoas convidadas a participar en modalidade virtual ou, don contrario, cancelarase a actividade. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - TEAMS: atenderase a través desta plataforma (reunións virtuais, chat) só no horario de clase e titorías. Non se atenderán dúbidas fóra de este horario (salvo excepcións). - Outlook: atenderanse correos electrónicos do alumnado no horario de titorías. Non se atenderán correos que sexan enviados fóra deste horario. - Foro Moodle: habilitarase un espazo no Moodle para as dúbidas "xerais" e de cada un dos contidos da materia. As dúbidas serán respondidas pola docente nun prazo máximo de dous días. 4. Modificacións na avaliación; non se realizarán cambios. *Observacións de avaliación: anúlase a obrigatoriedade da asistencia no caso de confinamento. Non obstante, o alumnado deberá realizar nas datas previstas os tests correspondentes á proba mixta. No caso de non realizaren algún dos tests, deberá ir a proba final, prevista inicialmente para o alumnado non asistente, e cuxa data está fixada en Xunta de Facultade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes